Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En negro

martes, 26 de abril de 2011
Diante da realidade que a diario comprobamos neste país, aprécianse entre nós dúas cuestións que moven cando menos a cavilación: dunha banda, a segura boa saúde dunha sociedade que resiste tantos quebrantos sen perder o sorriso, sen merma das ganas de disfrutar, e doutra, como é posible que con case cinco millóns de parados os mecanismos sociais sigan a funcionar con relativa normalidade.
En canto á primeira das cuestións, e tendo tan recente o exemplo da pasada Semana Santa, comprobamos que globalmente mantense o espíritu lúdico que nos caracteriza, malia todas as adversidades. Polo que á segunda se refire, os expertos achacan á economía sumerxida a relativa tranquilidade social que disfrutamos.
Nesto, Galicia é unha das primeiras autonomías de España, que se a media nacional é do 23,3% da actividade económica sustraída dos impostos e das cotizacións á Seguridade Social, en Galicia chegamos ó 26,3%, só superados por Ceuta e Melilla, Canarias, Castilla-La Mancha e La Rioja.
Cóidase que o fraude anual pode andar arredor do cuarto de billón de euros, que o aparato do Estado perde cando podería ser solución para boa parte dos problemas económicos que nos aqueixan.
Está agora o Ministerio de Economía tratando de poñer en marcha un plan antifraude que lle permita recaudar arredor de 10.000 millóns de euros, unha mínima parte dese furado negro da economía, que parece agrandarse por unha crise que moitos consideran máis levadeira se as empresas furtan ó fisco a parte que legalmente lle corresponde.
Parecía que cada vez era menor a cantidade de “diñeiro negro” que circulaba ó noso arredor, xa non pola concienciación dos contribuíntes senón polo cada vez máis perfecto control que os organismos especializados fan sobre toda actividade económica. Pero non é así, e eses mesmos organismos o recoñecen, e son conscientes da necesidade de poñer coto a unha situación que a ninguén beneficia.
O diñeiro negro é – como quere o refrán – “pan para hoxe e fame para mañá”. Hai que concienciarse desto, e proceder en consecuencia, contribuíntes e administracións, e regularizar un mercado descoñecido que tamén precisa de “luz e taquígrafos”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES