Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O imprescindible Bng

jueves, 08 de julio de 2004
Os galegos temos a impresión de que os nosos partidos políticos andan un pouco floxos.
O Psoe, tan forte a escala nacional, en Galicia ten un papel segundón que non leva traza de apear, con conciencia de oposición aínda nos lugares que goberna. Posiblemente a visita de Zapatero sexa un inxección de ánimo que lle é moi necesaria.
O PP, con algún que outro toque de atención, é a primeira forza en Galicia. Pero precisa algún empuxón que outro; precisa convicción de victoria de cara ó futuro.
E o Bng, parece estar de capa caída, polos resultados, polos ánimos, polo ambiente.
E non hai máis, porque fóra destes tres, non hai máis forzas políticas. Alomenos, con capacidade operativa, con presencia, con actividade.
PSOE e PP hanse buscar a vida, ¡seguro!. Pero precisamos que tamén o faga o Bng. Porque Galicia precisa coma o pan para a boca unha forza nacionalista que represente a moitísima xente que concibe unha terra diferenciada - chámenlle estado, nación ou comunidade- que son como mínimo unha conciencia viva da individualidade. É un contrapunto para as outras dúas forzas nacionais. Enos necesario para que Galicia siga a contar de xeito individual no Parlamento do Estado; nas mentes de todos nós.
Galicia non pode permitirse o luxo dun Bloque floxo, en crise, con problemas que afloren ó exterior. Galicia precisa - como precisa das outras forzas para en conxunto representar ó País- unha forza nacionalista importante, firme, forte, para seguir sendo quen é; para medrar en forza e conciencia do que é.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES