Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os nosos sepultureiros

viernes, 15 de abril de 2011
Nós non adoitamos sepultar a ninguén que non esteña morto (bardante erros e psicopatoloxías!). Pero…, e non se alarmen!, en condicións normáis, tampouco o facemos por enteiro, porque morremos a prazos e por partes: hai unha morte social, outra psíquica, outra sapiencial e cultural…, e logo, ó último, ven a física. Isto é “natural”, aínda que non sempre as sorpresas dunha morte súbita permiten percorrer estes estadios. En todo caso, este proceso é o que debemos aceptar como “modélico”: que sexan as xeneracións posteriores as que nos dean sepultura, pois cando ocorre o revés a morte desconcértanos e deven tirana.

A razón disto está en que son os nosos fillos, as xeneracións máis novas, as que van arrebatándonos a vida a retallos: as conviccións éticas, os proxectos socio-económicos, os esquemas culturais, os deseños institucionais, etc.; e, por último, procede que nos dean sepultura material. Nada extraordinario: é, xustamente, o que fixemos nós cos nosos antepasados, que tamén eles tiveron que ir cedendo en prol dunha boa e aconsellable convivencia.

Pero CEDER espazos de convivencia non é o mesmo que facer HIPÓCRITAS RECONVERSIÓNS, incluso con alarde da aceptación e asunción, simulando sincera convicción, de canto de innovador nos ofrecen as máis novas xeneracións, incorporándonos os seus xeitos de vivir e se divertir ACRÍTICAMENTE. Isto é, e creo que xa o dixen nalgún artigo, o que se chama INFANTILISMO. Porque cada xeneración ten na sociedade as súas peculiaridades, moi necesarias para que esta poida vertebrarse adecuadamente: O heteroxéneo complementa e diversifica; a pastosidade do homoxéneo remata interrompendo a dinámica social, permitindo a xeración de movementos desartillados e ATELEOLÓXICOS, un bo caldo de cultivo para toda clase de espellismos, como ocorre con moitos PROGRESISMOS ó uso.

Feitas estas consideracións, as xentes da eufemísticamente chamada TERCEIRA IDADE teríamos que preguntarnos se a alianza cos nosos sepultureiros non estará enervando a funcionalidade que, dende a nosa situación cronolóxica, temos asignada na sociedade. Pensamos algunha vez que podemos estar perdendo os papeis no ámbito sobre todo da AUTORÍA?.
Porque DENUNCIAR SÓ QUE AS COUSAS NON VAN BEN É DUNHA PREOCUPANTE ESTERILIDADE.

Paréceme oportuno traer aquí o feito de que nas relacións interxeracionais emerxe un importante desequilibrio entre a estrita racionalidade / razonabilidade e o sentimento. E como xa falamos en artigos anteriores acerca do binomio racional/ razonable, agora só quixera dicir algo sobre o SENTIMENTO, porque poucas veces foi suficientemente valorado coma un elemento constitutivo de aquelas relacións.

É unha verdade de pé de banco có home/muller enfróntase coa realidade das cousas, das persoas, dos construtos sociais, etc., por iso os sentimentos son moitos e diversos: a realidade pode presentársenos dende o punto de vista da verdade, da bondade, do belo…, e cada flanco que nos ofrece esixe, por parte nosa, un certo ATEMPERAMENTO, que non é tanto unha moderación coma UN ACOMODARSE, UN AXEITARSE A CADA REALIDADE NA SITUACIÓN EN QUE SE ENCONTRA. Pois ben; antóllaseme que nas relacións interxeracionais perdemos o sentido da proporcionalidade e da idoneidade entre o racional/razonable e o sentimental: As veces o sentimental enerva a eficacia de aquelas facultades, e outras veces, a excesiva aplicación rigorosa destas apaga os sentimentos, dificultando a comunicación.

A este respecto, dixo algo o filósofo, escritor e crítico político checo, Milan Kundera. Quixo subliñar a importancia dos sentimentos e fixoo contrapoñendo, con moita agudeza, o seu SINTO, LOGO EXISTO (doleo, ergo sum) ó cartesiano PENSO, LOGO EXISTO (cogito, ergo sum). E partindo de aquí, afirma que Europa ten a fama de ser unha civilización baseada na razón, aínda que, decatándose da conxunción RAZÓN-SENTIMENTO, dí que tampouco é desacertado afirmar a existencia dunha civilización do sentimento, que creou un HOMO SENTIMENTALIS, do que, levando isto a outro costado, escribe que este non é só un home que sente, senón que se aflixe, e entróncoo cos trobadores do século XII, resaltando a expresión do máis intenso sentimento dun amor platónico a unha dama inalcanzable, non encarnado na resposta dun “contra-amor” (GEGEN-LIEBE), senón nunha universal idealización, ó que os románticos souperon darlle continuidade.

E incuestionable que o sentimento, en diversos graos, estuvo sempre operativo nos integrantes das distintas formas sociais, como unha especie de existencial-ingrediente do atemperamento do home a realidade. Ben. O caso é que nas nosas relacións interxeracionais está mal dosificado e isto fai que as xentes, como dí a miña muller, esteñan sempre con caras de circunstancias e que oscilen entre as alegrías convulsivas e as taciturnas facianas: a mocidade perde a densidade necesaria para forxar unha rexa personalidade, e os xa entrados en anos somos boias dun pasado nas convulsións dun axitado presente.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES