Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xenio e Figura

jueves, 14 de abril de 2011
Desde o Preguntoiro: Xenio e Figura

Hai uns días decateime por casualidade que, hai sete anos Julio Anguita renunciou por escrito a paga de pensión máxima vitalicia que tiña dereito por ex parlamentario, dicindo textualmente: “con la pensión que le correspondía como maestro tenía bastante”. Anguita vennos a demostrar que non todos os políticos son iguais, que hai distintas formas de facer política con compromisos éticos e dando exemplo.

¿Que din agora os medios manipuladores, (en especial o xornal máis importante do país) cando lle chamaban hai anos “desfasado”?. ¿Que dirán estes novos ideólogos “modernos” que só pensan nas dietas, nóminas públicas e un futuro cargo nalgún Consello de Administración?.

Anguita, sen contarllo a ninguén, nin a eses medios mediáticos vulgares e populistas, indirectamente deulle unha patada no cu ao sistema e a todos estes “evolucionados”.

Tiven a sorte de coñecelo e falar con el persoalmente, unha vez en Córdoba e outra ceando no meu pobo (Vilaxoán de Arousa) e o considero unha persoa cunha conduta irreprochable, un político honrado desde os pes ata a cabeza, pero neste país de políticos arribistas, falsarios e corruptos Julio non tiña cabida. Entre tanta bosta nas cortes, ou te manchas ou te guindan.

Tamén ese grande medio de manipulación o acusaba con aquilo da “pinza”, poucos comprendían o discurso de Anguita, non se daban conta que a verdadeira pinza e tenaces era a do PSOE e a do PP.

¡Desfasado!. Tamén lle chamaban “caduco” e ancorado no pasado cando criticaba o Tratado de Maastricht construíndo unha Europa antisocial. O tempo lle dou a razón de que estaban metendo o raposo no galiñeiro, xa viña avisando o que ía a acontecer con esta estafa financeira que estamos padecendo hoxe a nivel europeo. Bendito “desfasado”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES