Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fene, ¿á chatarra?

martes, 06 de julio de 2004
FENE, ¿Á CHATARRA?
Eu supoño que ó Conselleiro Yuste teñen que abrírselle as carnes cando lle plantexan a máis mínima posibilidade de que as antigas instalacións de Astano se convirtan en chatarra.
Nun país no que se suspira pola industrialización, destinar á chatarra o que foi a súa primeira instalación industrial, é un pecado gordo ademáis dun grandísimo despropósito.
Cando eu era pequeno -anos sesenta- da miña terra vilalbesa e o seu contorno foron moitos os que emigraron "a Ferrol" en busca de traballo industrial nun emporio en alza.
Non era Ferrol, ou non só era Ferrol, senón que Fene -con aquela maxestuosa Astano- daba traballo a milleiros de empregados que foron a envexa dos entón maioritariamente labregos da Galicia interior.
Agora, por problemas de rendibilidade -¿ou de mala xestión?- plantéxase a posibilidade case certa de pechar Izar-Fene, e o Conselleiro de Innovación Tecnolóxica - que así se chama agora- argumenta a cercanía dos grandes portos de Coruña e Ferrol, a planta de gas de Reganosa e o "sursum corda" para que non se convirta o asteleiro en chatarra, e siga creando vida por crear emprego.
Quen pense en destinar Fene á chatarra, non coñece a realidade de Fene-Ferrol, nin lle importa nada o que alí aconteza no futuro. Ou pretende que a Xunta - a través da Consellería do Sr. Yuste- subvencione calquera aventura que alí queira ensaiarse.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES