Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os outros Camiños

viernes, 08 de abril de 2011
Cando se fala do Camiño de Santiago, adóitase pensar en primeiro lugar no coñecido como “Camiño Francés”, que a tradición quere que na terra siga a ruta marcada no ceo por un regueiro de estrelas que coñecemos como Vía Láctea.
Efectivamente, este é o Camiño a Compostela máis transitado na actualidade. Pero non sempre foi así. Nin é o único Camiño.
Primeiro foi o Camiño Primitivo que desde Oviedo, por Lugo, chega a Santiago, seguido precisamente polos primeiros peregrinos para non ter que cruzar as terras dominadas polo árabe invasor. Logo, sí se consolidou o Camiño Francés, reconquistados os territorios por onde pasa, como o primeiro Camiño. E por eso, desde 1993, este Camiño está declarado “Patrimonio da Humanidade”, coa protección e dignificación que tal denominación significa.
Preténdese agora igual denominación para os Camiños do Norte, dos que dous afectan de xeito moi especial a Galicia: O xa mencionado Camiño Primitivo, e o Camiño do Norte que entrando en Galicia por Ribadeo vai entroncar en Arzúa co Camiño Francés. Son preto de mil cen kilómetros de camiños que levaron a Compostela no decurso dos séculos a millóns de caminantes movidos pola fe.
A denominación, de conseguirse, suporá unha moi grande obriga para os gobernos nacional e autonómicos involucrados nestes trazados, que na actualidade teñen importantes problemas, chegando as asociacións de Amigos dos Camiños a dicir que en lugar de incluir estas rutas no Patrimonio da Humanidade habería que incluílas na lista de Patrimonio Mundial en perigo.
A proposta non será presentada polo goberno ata o próximo ano, porque antes ten que ser razoada e documentada, pero sería moi interesante para Galicia e para os Camiños esta declaración, como un punto de partida para valorar e divulgar na súa xusta medida unhas rutas que sempre foron e son de peregrinación, pero teñen tamén un indubitable e importantísimo valor económico e social.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES