Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O placer de estudiar

lunes, 04 de abril de 2011
Que estudiar é un placer é difícil de asumir durante a mocidade, xa que se entende que este é o traballo da xente nova, e poucos admiten que traballar sexa un disfrute. Pero a medida que os anos pasan, vaise valorando o conxunto de coñecementos adquiridos ó longo dos anos, e cavilando na inmensidade dos que só se vislumbran.
Así se entende que haxa maiores que, rematada a etapa do traballo programado e obrigatorio, se dediquen ó placer do estudio, da plena formación, diante das facilidades que proporcionan as universades con plans de estudos nos que caben todos pero especialmente os maiores, chámese “Universidade Senior” na Coruña-Ferrol, “IV ciclo" en compostela-Lugo, “Programa para maiores” en Vigo-Pontevedra-Ourense ou programa “Senior” na UNED. En total, algo máis de mil seiscentos maiores galegos dedícanse ó estudio por placer.
Son un exemplo para todos os que non saiban que facer co seu tempo libre, e mesmo para os estudiantes mozos que moitas veces están faltos de alicientes, especialmente tendo en conta o feito de que as carreiras universitarias na actualidade non sexan un fin senón un medio para posicionarse no mundo laboral.
A existencia deste feito, con participantes en tan gran número, é un evidente síntoma de progreso. De progreso social, porque os establecementos académicos, o profesorado e o resto dos alumnos, recoñecen como propios estes alumnos que pudieran doutro xeito ser considerados “corpos extraños” no ambiente universitario. De Progreso social entre os mil seiscentos interesados no placer de estudiar, que cada ano aumentan de xeito moi importante, nas súas familias e nos seus contornos.
O progreso do placer de estudiar entre os maiores é un perfecto síntoma de mellora do nivel de vida, que chegará á perfección cando os máis novos se contaxien da ledicia de aprender.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES