Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deus nos libre dos salvapatrias

martes, 29 de marzo de 2011
En Libia como en Exipto, Túnez e algúns outros lugares do mundo árabe e musulmán moitos cidadáns saíron a rúa a manifestarse contra uns réximes que consideran opresivos, corruptos e inamovibles. A resposta foi unha represión cara eles que causou vítimas nun número importante. Pero mentres que en Exipto, Túnez e algúns outros lugares os opositores aturaron feridos e mortos seguindo coa súa estratexia de contestación pacífica, da que por certo agora os medios pouco falán, será que a cousa non vai tan ben para os “salvapatrias”?. En Libia, pola contra, a oposición, decidiu empuñar as armas axudados por uns cantos desertores do exército oficial pensando que esta sería a única forma de expulsar ao ditador, posto que animados polos medios de comunicación do sistema salvapatrias, os máis divulgados por suposto, fixéronlles crer a todos, que o histriónico e malvado Gadafi abandonado polos seus xefes militares, recorrindo a mercenarios por falta de exército e odiado polo conxunto dos seus cidadáns, tiña os días contados diante un aguerrido e motivado pobo libio sublevado. Propiciouse así, unha auténtica e criminal (como o son todas) guerra civil. Pero pasaron os días e resulta que Gadafi, tiña xenerales, tiña exército, tiña armas e tiña algúns millóns de cidadáns partidarios, mentres os rebeldes non debían de ser tantos, e como corpo de milicianos pouco sabían da guerra, das armas e de estratexias. O seu obxectivo era derribar a Gadafi pero ignoraban cal era o despois, e tampouco cal era o do pupurri dese goberno provisional que aparentemente os mandaba e que ninguén elixiu. E da euforia pasaron ao desespero vendo como ían perdendo posicións ata unha previsible desfeita final. Entón chamaron ao primo de Zumosol, que xa o esperaba tranquilo, e presto acudiu no seu auxilio cun mandato da ONU no peto o suficientemente ambiguo como para permitírlles convertirse en árbitros da guerra que co seu poderio militar podería darlle doadamente a vitoria a quen lle conviña para os seus intereses xeostratéxicos e económicos.

A partir de entón as cousas mudaron e Gadafi ten os seus días contados. Pero o que non se sabe se será para mellor ou para pior. Gadafi perde, pero os seus millóns de partidarios permanecen. Os sublevados gañan pero como milicianos que son desmobilízanse e volven aos seus traballos. O exercito profesional segue sendo na súa maioría o de Gadafi, que pasa? Se resolve o conflito? Gadafi pacta e promete aos aliados paz, petróleo e democracia (ou que a corrupción se diluia entre máis familias tribales) que pasa?. Soluciónase así o problema? Gadafi perde e é xuzgado polo Tribunal internacional de crimes contra a humanidade e Libia asume un cambio verdadeiramente democrático. Os salvapatrias, entón, autoconvéncese como tais e institúense como xendarmes do mundo mundial decidindo onde interveñen e onde non segundo os seus intereses, co abominable e destrutivo argumento da sangue e o fogo. Así que, por exemplo, teña coidado Siria, pero que esté tranquilo Bahrein, Arabia Saudí ou Israel, o americano e os seus amigos saben aonde disparan e os seus medios saben a quen hai que apuntar.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES