Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperpentos

lunes, 28 de marzo de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: ESPERPENTOS

O mundo ao revés, asemella aos esperpentos de Valle-Inclán nun plan moderno e ao besta. O comisario de enerxía usou a palabra apocalipses no Parlamento Europeo sobre o accidente nuclear de Xapón, sendo el o que xestiona as moratorias ou novas centrais nucleares.

A Obama déronlle o Premio Novel da Paz e anda sempre no cabalo apocalíptico da guerra. A Señora Clinton correndo de país en país como unha tola para invadir Libia, pode ser que esta señora aínda teña o trauma da Mónica Lewinsky. O Berlusconi un personaxe estrambótico que deu renda solta a unha conduta sexual fora do normal e meténdose co poder xudicial para que non o metan na trena. Sarkozy deu unha sensación de paranoia ao ser o primeiro que invadiu Libia, debeuse encrechar moito cando lle dixo o fillo do ditador Kadaffi que a súa campaña electoral pagoulla o seu pai, seguro que tomouno como cousa persoal. Zapatero o de a “Alianza de Civilizacións” alíase cos esperpentos, sendo o Quijote desta historia. Putín di agora que a invasión a Libia é unha “cruzada” cando no consello de seguridade abstívose Rusia.

Todos veñen agora co conto de salvar vidas, esa xa é unha película moi repetida. O mesmo argumento utilizouse en Irak e estamos vendo o final desa película. Tampouco que me conten o conto que queren levar a democracia a Libia, mentres as potencias ráchanse as vestiduras condenando a ese país, cando en Bahrein, Yemen, Marrocos, Arabia Saudita estase a reprimir e asasinar aos opositores que piden a berros a democracia.

Agora todos eles andan a liortas para ver que leva a batuta da invasión, son como nenos pequenos, a cobiza é tan grande que todos queren levar o mellor pastel petroleiro. Están preparando para os nosos descendentes a que veñan os catro xinetes do apocalipses.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES