Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non ó fanatismo; Sí á Liberdade

lunes, 28 de junio de 2004
Hai moitas crases de fanatismos. Abondan os de tipo relixioso. Nacen dos dogmatismos, do medo á liberdade, da fe infantilizada. Son prosélitos, non crentes, dependentes do lider ou líderes (pensan por eles). O fanático non utiliza a razón. Actúa mediatizado.

A Palabra de Deus fala do tema. Xesús, ante a petición dos discípulos ("¡manda raios do ceo ós que non te reciben!") corta aquel fanatismo herdado dos xudeos. Xesús é esixente na súa vida/mensaxe pero respecta ós demais. Fanatismo e intolerancia non casan con Xesús que é esixente, non intransixente; invita, non impón; ofrece ("o que queira seguirme"), non forza; anima, non violenta. Deu a súa vida para facernos libres para o amor. O que non é libre non ten capacidade para decidir nada, nin para amar.

As mensaxes do día da Ofrenda (Lugo) foron nesta liña. O delegado oraba así: "non permitas que no teu Nome se mate, se invadan países, se prive de liberdade e de xustiza á xente". En relación ó Xacobeo (encontro de crenzas/culturas): "o tempo das cruzadas debe rematar para sempre dando paso a ideas de tolerancia e diálogo". E lembrando a Hispanoamérica insiste: "para que os poderosos a deixen vivir en paz e liberdade"

O celebrante (arcebispo de Santiago) reafirmaba:."En Galicia tamén hai desigualdade e desamparo"; "a Eucaristía ten de levarnos a traballar polo ben común para que a sociedade, a cultura e a política se vaian liberando da inmoralidade, o egoísmo e a insolidariedade"; "ante o lume, quero lembrar a grande responsabilidade ética e moral que temos de custodiar a natureza".Ámbolos dous, en liña evanxélica. ¡Velaí o camiño!

A Palabra de Deus chega oportuna para a situación da sociedade actual. A súa chamada serve para todos: cristiáns e non cristiáns. Todos temos a obriga de mudar os feitos e os acontecementos que van ó revés neste desnortado mundo. Para iso cómpre establecer unha escala de valores. Son válidos os que propón Xesús: o ben/valor da paz, da xustiza, da liberdade, do desprendemento, da xenerosidade, do servicio, da gratuidade..

Ollemos o que nos dice Paulo (despois de deixar de ser fanático) ó se lle abriren os ollos e acadar a liberdade: "Que non vos canguen outra vez o xugo da escravitude!.¡A vós chamáronvos á liberdade!.Tentade de ser escravos uns dos outros mediante o amor. Porque toda a Lei está completa neste precepto:. Pero, se vos adentades e devorades, coidade de non acabardes uns cos outros". Programa axeitado para as nosas vidas. Aínda estamos a tempo. Debemos ir polo camiño do diálogo, da comprensión, do respecto, do amor.

Se a liberdade é a condición que fai posible o ser humano, tamén é a que Deus quere para a nosa relación con El e cos irmans. Só desde a liberdade é posible a fidelidade, a gratuidade, o amor.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES