Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Antroido

miércoles, 23 de marzo de 2011
Pobre entroido, despois de séculos sufrindo todo tipo de aldraxes da parte de actores, de entre os que sobresaen: de primeiro e o mais aguilloante, pode que pola súa duracion no tempo, o do cristianismo (ben que estes atacaron todo o que non fose do seu dogma), seguindo déspotas et dictaduras. Mais, tivo que chegar iso que lle deron en chamar democracia (despois de escangallala a ela tamen) sedenta de votos, para vir a rematalo institucionalizandoo.
Nunca pensei que mirando ás boas xentes en disfrace de domingo, ía eu sentir máis tristura que ledicia. Non tiven máis que ver aquelas caras de circonstacia baixo das máscaras, cando non as caras pintadas (non atino a sabere se por mostrar pena ou dala). E todo para facer o mesmo que ían facer sen aquelas indumentarias.
Pola rua pasaban tamen grupos organizados: elas mostrando as súas gracias; eles, coma sempre, no noso rol de pasmóns, á caza en espera, de calqueira peza de pelo.
Cando viña para casa; saían de todalas partes poliñas, coma escorrentadas, as que dá o mesmo que estean ou non disfrazadas: da xenio velas … Ah! Entre elas pululaban algúns ca outros pasmonciños. Os homes temos que chegar a vellos para seren coherentes. Coa idade, as veces, gañámoslle ás mulleres ata en textura.

Barón de Herbón Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES