Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa nada será igual

jueves, 17 de marzo de 2011
Pavillón de repouso: Xa nada será igual

Xapón é o país mellor preparado para afrontar un sismo. As estritas normas de seguridade na construcción vense complementadas por rigososas revisións periódicas. As vivendas están axeitadas, os barrios das cidades teñen zonas de evacuación, aprenden desde nenos as medidas de actuación ante os terremotos e realizan simulacros con regularidade. Nesta ocasión a terra tremou cunha intensidade desmesurada e provocou unha tremenda onda de destrución e morte. Hai un ano o terremoto de Haití deixou aquel país arrasado, con 200.000 vidas perdidas e un rastro de miseria e desolación do cal aínda non se recuperou. De non ser polas medidas de seguridade, a sacudida que padeceu Xapón podería deixar o país totalmente destruído.

O mundo occidental ten unha grande preocupación pola seguridade. O medo ás epidemias ou aos ataques do exterior obriga os países avanzados a facer enormes esforzos para minimizar os riscos. De cando en vez algún evento dramático activa as alarmas e alimenta o temor. A gripe A ou o ataque contra as Torres Xemelgas, por exemplo, contribuíron a crear un clima de terror que empuxou os gobernos a reforzar a protección.

Pero cando a natureza desata a súa forza decatámonos da nosa vulnerabilidade. As normas de prevención serven para reducir a magnitude do desastre, pero a furia dos elementos deixa sempre a súa pegada. O violento tremor e as numerosas réplicas provocaron os primeiros danos. O tsunami posterior levantou pontes, arrastrou edificios e vehículos, arrasou cultivos sementados e fendeu estradas cuha facilidade asombrosa. Todos quedamos sobrecollidos por esas imaxes. O balance final deste desastre aínda está por facer, pero xa sabemos que hai miles de mortos e desaparecidos, localidades destruídas polas augas e danos enormes en todo o país.

Xapón é un pobo ordenado e laborioso. Superarán o transo con dolor pero con absoluta determinación. Máis xa nada será igual.
Agora teñen a evidencia de ser, a pesar das medidas de protección, totalmente vulnerables ante a natureza desatada. E continúa, ademais, a ameaza nuclear. O accidente da central de Fukushima é o máis grave desde a catástrofe de Chernóbil no 1986. Aínda é cedo para coñecer as consecuencias sobre o territorio e a vida humana. Pero si é tempo xa de reflexionar sobre o enorme risco que representan as centrais nucleares, mesmo se as medidas de seguridade son extremas..
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES