Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Obxectivos municipais

jueves, 17 de marzo de 2011
En maio estamos chamados a votar nas eleccións municipais que dotarán de novos equipos de goberno para os próximos catro anos ós concellos galegos. Non é que agora estea a campaña nos seus comezos senón que na maioría dos casos somos testemuñas de que as campañas levan xa vixentes os case catro anos que transcurriron desde as anteriores eleccións.

Todo é campaña nun tempo de efervescencia política que se ve animada de xeito especial nos concellos onde non existen maiorías absolutas e ou ben se goberna con maioría relativa ou se producen acordos, sempre difíciles, que agora ó remate da lexislatura floxean de xeito máis forte, ou fan crise.

Cada partido vela armas preparando cadanseu programa electoral, aínda sabendo que entre nós os programas electorais son algo que hai que redactar pero ninguén se molesta en ler. Agás as correspondentes oposicións, que poden e deben utilizar como argumento os incumprimentos do previsto e prometido.

Pero facendo abstracción dos concellos capitalinos ou de cidades importantes, ben farán especialmente os pequenos concellos rurais en atender ó seu principal problema, que agardemos non dean xa por irresoluble. Os nosos pequenos concellos teñen que loitar polos postos de traballo, pola coseguinte fixación da poboación, e por conseguir non converterse en concellos-dormitorio os que están preto das grandes poboacións, nin ver pechar cada ano unhas cantas portas máis porque outras tantas familias buscan mellor acomodo nunha emigración máis ou menos lonxana.

Os nosos concellos han de enfrontarse, máis ou menos tarde, a unha fonda reforma para adaptarse aos novos tempos, fusionando entidades, concentrando servizos, uníndose – en fin- para conseguir proporcionar ós seus habitantes as realidades que contemplan noutras poboacións. Será o reto das administracións locais para os próximos catro anos, que deberán compatibilizar coa saída da crise, capeando o temporal que segue retumbando sobre as nosas cabezas.

Os comicios preséntanse do máis interesante, e a participación de todos na votación para elixir os nosos representante será síntoma de que ese interese tamén nos embarga ós administrados. Os catro anos van ser decisivos no municipalismo galego, decisivos para todos nós e o noso futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES