Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Véndense caixas

miércoles, 16 de marzo de 2011
Situarse nos puntos máis importantes de Galicia foron sempre obxectivos das entidades bancarias e de aforro, tanto polo que a poboación se refire como a captación do aforro rural, polo que case tiña tanta importancia situar unha oficina no centro dunha cidade como asentarse na capitalidade do máis pequeño concello, que tiña no contorno unha importante clientela.

Tanto así foi que moi poucos concellos quedaron sen sucursal dalgunha entidade, ou dúas, que cando unha se asentaba nun determinado lugar evidenciando a existencia de posible clientela case nunca faltaba outra que a acompañase dentro da natural competencia existente ata hai pouco tempo.

As fusións foron facendo miragres, antes e agora, e como nos anteriores procesos esta última fusión provocou que nunha mesma poboación existisen agora dúas sucursais da Nova Caixa, en situación que hai que clarificar porque a duplicidade a nada conduce.

A nova situación das caixas, unida á crise financieira e económica, produce movementos case peristálticos, e o panorama cambia día a día, pensándose que xa que teñen que saír a bolsa ou conseguir capital, existen diversos posibles adquirentes en lugares tan lonxanos como Hong Kong ou os países árabes, coqueteando ademais cos grandes investidores privados de Galicia por se queren apostar pola nova fórmula para estas entidades e conseguinte oportunidade de negocio.

E coas oficinas sobrantes, plantéase facer negocio calculándose nunhas trescentas as que poderían ser mercadas por bancos ou outras caixas, levando no lote non só o local onde se asenta a oficina, senón tamén a clientela e o negocio que con ela vai vinculado, o que unido á política de xubilación adiantada de persoal ten que producir un beneficio que colaborará a que a entidade cumpra cos difíciles obxectivos que o Goberno de España lle ten asignados.

Todo se compra e se vende. As oficinas bancarias, os productos propios do seu tráfico e, agora, as mesmas caixas, total ou parcialmente. O caso é salvar os mobles e a propia existencia como Institución. Tempos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES