Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cordero, un home de prol arquivado, definitivamente arquivado?

martes, 15 de marzo de 2011
Cordero, un home de prol arquivado, definitivamente arquivado? Polos seus veciños, si; polas súas favorecidas, si; pero alguén queda que o relembra, polo menos nas ocasións propicias. Advertíunolo o propio Cristo cando afirmou aquilo de que, ninguén é profeta na súa terra…

Casualmente na semana pasada, comendo no “Pereira” co Cura de Riomol, e tamén co Profesor Serafín Tellado López, de Romeán, falando de violencia de xénero recordamos ao noso Manuel Cordero Pérez, o mellor defensor que tivo a muller en España; aquel Deputado que, apoiando a Clara Campoamor nas Constituíntes de República, ¡fai agora oitenta anos!, logrou/lograron que a muller deixase de ser criada pasando a ser señora, ¡a ser “compañeira” e non “serva”! Detrás veu Franco, que as relegou á Sección Feminina, pero iso é outro cantar, un subcantar do Cara al Sol. Poño aos dous de testemuñas de que comentei con eles, escandalizado, que aínda non houbese unha placa conmemorativa no exterior desa casa de Riomol cando tanto se proliferan, ab hoc et ab hac, incluso pola simple inauguración dun camiño ou dunha pista de mala morte.

Máis agradecidos son outros, que onte mesmo, (9-3-2011), botaron na TVE 1, a película “Clara Campoamor. La mujer olvidada”, na que o guionista, director, etcétera, ben se coidaron de presentar ao noso veciño, ao antigo panadeiro, Manuel Cordero, en tres ou catro tomas de primeiro plano, subliñando, recalcando, que se Clara Campoamor logrou sacar adiante a súa proposta de voto feminino foi grazas a Cordero, á súa nobreza, nun ambiente de dúbidas e de traizóns.

¿Que máis podo engadir eu, servidor, que tantos anos levo insistindo no noso desagradecemento, no noso esquecemento, particularmente no das propias mulleres, no das propias beneficiadas? ¡En vez desa placa, desa lauda, a Cordero, igual haberá que poñérllela a elas, particularmente ás de Castroverde, para botarlles en cara a súa deslealdade!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES