Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terremotos

lunes, 14 de marzo de 2011
Cando se producen fondas alteracións políticas ou sociais, fálase de terremotos como o mellor xeito de atopar referente físico a unha quebra da sociedade que nos rodea. Porque nada como un terremoto para simbolizar a alteración máis profunda, a catástrofe máis básica, impredecible e impactante por afectar ó chan que nos sostén, sobre o que vivimos.
O venres, o terremoto físico foi en Xapón, con repercusións físicas en medio mundo, e informativas nos cinco continentes, que aínda que o Imperio do Sol Nacente é unha terra sísmica, afeita a sufrir numerosos sismos cada ano, nunca se está preparado para un dunha potencia tan descomunal, que provocou unha catástrofe nun país que ten dado abondos exemplos de traballo e sufrimento, colocándose nun dos postos máis principais do mundo en cando a traballo e vida.
Parece como se a vella terra quixese lembrarnos, de cando en cando, que segue a ser un ser vivo, influido polas noas accións, con personalidade propia, con actividade incontible, que adoita amosarse caprichosa e soberana en calquera punto da xeografía, que se Xapón é zona sísmica como o é o sur da Península Ibérica, tamén Galicia sabe de sorpresas e tremores, derivadas da falla que pasa por Xove, dos epicentros de Becerreá, ou como algunhas teorías prefiren, do tremendo peso da auga contida nos numerosos embalses.
Terremotos sociais e os conseguintes tsunamis informativos véñennos acompañando desde hai moito tempo, e aínda que afeitos á contínua inquedanza xa non nos producen tanta sorpresa, seguen marcando os nosos estados de ánimo en proporción directa á cercanía física ou a súa incidencia nas nosa comunidade vitais.
Non fan máis que ser vivas imaxes destas catástrofes de proporcións bíblicas contra as que, visto está, non podemos facer máis que doernos; os crentes, rezar; e todos recoñecer a nosa debilidade e incapacidade de resposta. No caso das alteracións sociais e políticas, porque o noso papel é de simple comparsa expectadora; no caso dos terremotos, porque considerándonos habitualmente xigantes, comprobamos que diante do poder inmenso da terra non somos mais ca formigas.
A Terra ven de impoñer, de novo, a súa Lei. Nós tratámola como se estívese morta, e a nosa especie fose o dono dela. E nin unha cousa nin a outra. Desastres coma este deberían facernos comprender que a terra está viva, e que quizais nos estea pedindo un cambio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES