Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Mamaciña, outra vez o Rouco!

lunes, 14 de marzo de 2011
A pastores a granel, xefe de garrafón. Que todo sae pola mesma villa, meus señores. Coma o viño de Asunción, que “ni es blanco ni es tinto, ni tiene color”. Bueno, el ter ten color, pero vostedes saben moi ben o que se quere dicir na copla. Vamos, que “por cuanto no eres frío ni caliente, te vomitaré de la boca”, como di o texto sagrado, que tanto terá leído o bo do home.

Seminarista que foi de pantalón bonbacho e agora intelectual e gastador de corneta alemana, basea toda a súa abracadabrante ruta para os vindeiros tempos en dar concertazos de música moderna para a mocidade “atrapada” en calquera XMX próxima, ou remota. Tal e como nos anunciou, cheo, na rolda de prensa inmediata a súa elección.

Home estilográfico e aéreo, di querer servir. Xesús, quen o vai crer! Home de cadeira e tapetes rubios, convírtese xa no máis insigne perpetuador da máis grande, noxenta e culpable disfunción entre pobo e xerarquía, entre evanxeo e disciplina ideolóxica, entre superestructura perfectamente prescindible e vida, entre “ser” e “poder”, cando ademáis e decote está acostumado a meter e esconder o seu nariz nas convintes ás da Almudena e do Palacio de Oriente, no canto de mirar para a Casa de Campo, que é onde se tece a vida do pobo, da igrexa de España en España. E que xusta e verdadeiramente alí se tece!
Ou sexa, tan inútil e prescindible coma Zapatero and company. Ou tan pernicioso, por tercos ámbolos dous, cada un deles no seu respective.

En fin, unha mascarada máis que foi en vésperas dos carnavais e unha penitencia cuaresmal de cincuenta mércores de cinza para todos, polo que eu vexo propios e estraños.

En fin. Que para outra vez os electores e o/os candidato/os recen máis devotamente o “Veni Creator Spiritus” e que Deus non teña que volver a dicir: “ Se este é mundo que eu fixen, ¡que o demo me leve! “
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES