Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hans Esser

jueves, 10 de marzo de 2011
Hans Esser foi o nome co que se acochou o xornalista alemán GÜNTER WALLRAFF na redacción do BILD-Zeitung, acerca de quen, no ano 2.005, publiquei un libro , titulado “De Maquiavelo a Wallraff. Dos víctimas de la hipocresía ajena”, D.L.76- 2.005, ISBN 84-689-1899-7. Neste traballo pretendín demostrar como os tópicos sobre as condutas destas duas persoas, cando non se ten en conta o seus respectivos contextos, son falsos e froito dunha incualificable hipocresía, sempre interesada e parcial: O que ocorría nos tempos de Maquiavelo esixe respostas axeitadas e, tamén, o que ocorre no contexto wallraffiano as necesita. É, por exemplo, moi fácil lanzar atribucións de “maquiavélico” a destra e sinistra, sen antes deterse a pensar en que sentido e grao é correcta esta cualificación, pois… que máis quixeran moitos das nosas primeiras filas na política (onde anda tan áxil o adxectivo) que acadar o talento maquiavélico ou wallraffiano. Excuso dicir que o libro tuvo diversa acollida, porque coma, no fondo, hai unha cuestión ética, os que “patrimonializan” unha monoética non se apean duns principios que nin eles mesmos respectan. Desto direi algo nestas liñas, pero referente a Wallraff.
Ven ao caso este xornalista, de novo, con motivo da súa aparición nos medios españois: No “El Mundo” do 29-09-10, na sección de cultura, hai un interesante artigo. Este autor de “Cabeza de turco”, veu a Barcelona para presentar outro libro seu, titulado “Con los perdedores del mejor de los mundos” (Anagrama, 2.010), que me parece interesante, porque denuncia, documentadamente, “un racismo no seu país que empeora cos anos” e determinadas prácticas empresariais, que, coñecidas no noso, sobre todo nos abusos dalgunhas multinacionais no ámbito das comunicacións telefónicas cos seus clientes, pásanlles desapercibidas ás autoridades competentes.

Günter Wallraff, segundo a miñas anotacións, naceu o 1 de outubro de 1.942, en Burscheid, Colonia. Como seu pai era un Fabrikarbeiter (traballador fabril, na Ford), pasou a súa infancia e xuventude nun ambiente obreiro, segundo a súa biografía: “Günter Wallraff verbrachte seine Kindheit und Jugend im arbeitmilieu”. Polo tanto, hoxe debe ter uns 68 anos (non 67, como dí “El Mundo”). A súa nai proviña dunha familia burguesa. Foi libreiro até que ingreseu no Servizo Militar, no ano 1.963, onde se negou a portar armas e, como consecuencia, foi internado nun servizo psiquiátrico da Bundeswehr, do exército da RFA, en Koblenz. Esta vivencia no psiquiátrico parece que desencadeou nel a dirección dos seus futuros traballos (“bildete der Ausgungspunkt seiner späteren Arbeiten”, www.guenter.wallraff.com). Fixo poesía: en 1.960 publicou un “Folleto para a lírica”. Licenciouse coa clasificación de “ personalidade anormal”, “non apto para a guerra e para a paz” (“Als abnorme Persönlichkeit”, eingestuft “für Krieg und Frieden untauglich”). Dende 1.963 a 1.965 traballou en importantes empresas da RFA.

Heinrich Böll, Premio Nobel de Literatura, considerou o método de traballo de Wallraff moi acertado: Non é ningún reporteiro nin ensaista ó tradicional, entra na situación sobre a que quere escribir e logo escribe con base nas súas propias experiencias.

Recibe parabéns polos seus “Reportaxes industriais”, colabora no “Correo da Mañá”, de Hamburgo… En 1.968 recibe un premio, en Nordheim-Westfalia, polos “Reportaxes”, que donou a institucións benéficas. Pero tampouco lle faltan querelas xudicias por suplantar outras personalidades nos seus traballos de investigación. Concretamente, nun Tribunal de Frankfurt, o 09-12-1.969, alegou o seu dereito a informar, e neste caso para denunciar documentadamente as condicións en que traballaban os extranxeiros, e que para constatalas personalmente non tiña outro método que meterse na empresa. O Tribunal estimou as súas razóns e absolveuno. Con este mesmo método descubreu células nazis, armadas, no seo dalgunhas empresas importantes do país. Aquí suplantou a personalidade dun alto cargo do Goberno Federal e, como é lóxico, tuvo problemas, pero activáronse as correspondentes respostas gubernamentais.
Tampouco puxo noxos a enfrontarse co poderoso Grupo
SPRINGER, etc... E en 1.981 termina unha cadea de procesos xudiciais ante o Tribunal Federal, con pleno éxito (“1981 endete die Prozesskette vor dem Bundesgerichtshop mit einem Erfolg für Günter Wallraff”). O xulgado recoñeceulle o dereito a publicar as súas experiencias, adquiridas na Redacción de BILD. Contra esta resolución interpuxo un Recurso de Amparo (Verfassungsbeschwerde) o Grupo SPRINGER, que foi resolto en 1.983 con unha sentenza confirmatoria da do Tribunal Federal, e, por conseguinte, favorable a Wallraff.

Só traigo aquí unha pequena parte do tratado no meu referido libro, que serve de orientación ao lector. O contido dese traballo veno a confirmar, no que respecta ao método, a última obra de Wallraff publicada en España por Anagrama, na que explica como, disfrazándose de “negro”, experiencia persoalmenrte o trato que reciben os extranxeiros de color no seu país; pasando a ser un teleoperador nun empresa CALL CENTER, adicada a venda por teléfono, descobre unha serie de tretas e falsedades; facendo boliñas para a empresa LIDL, traballando na panadaría Weinzheimer, en Dusseldorf, experimenta as malas condicións de traballo; etc. É importante a conclusión á que chega: que Alemaña hoxe é máis racista que na década dos 80; cá globalización xerou situacións capitalistas de explotación; cás diferenzas entre pobres e ricos é cada vez mayor;… Pero no fondo de todo isto latexa unha cuestióan ética, poñendo a beneficio de inventario o principio de que “o fin non xustifica os medios”, que ninguén o cumpre, nin os seus acérrimos defensores. Hoxe parece que abre camiño a ÉTICA DA RESPONSABILIDADE (Verantwortungsethik), xa utilizada en bioética, da que me ocupei nun artigo recente. Por iso Wallraff non gozou de respecto entre aqueles que conculcan o principio, aínda que apelan a el hipócritamente (a coñecida e vituperada dobre moral).

Non coñezo persoalmenrte a Wallraff, aínda que adquirín referencias en Alemaña del; pero os apoios documentais parecen concluíntes, e, ademáis, faigome os seguintes razoamentos, que me axudan a ocuparme del en positivo, sen deixar de tomar nota dos seus defectos, porque é humano coma todos nosoutros.
Teño, pois, conviccións abondo neste sentido, e relaciono algunhas:
1ª.- A súa honestidade intrínseca, porque non conforma a súa conduta a modelos impostos dende fora, e proba disto é que “manten o tipo” a través dos tempos: conserva as mesmas ideas, equivocadas ou non, contra vento e marea.
2ª.- Logo, pode afirmarse que hai nel unha conservación de principios: sempre estuvo ao lado dos máis indixentes.
3ª.- Ten unha lóxica esmagante, incluso ante os tribunais, o que evidencia a existencia duns sentimentos vivenciados, produto da autoexperiencia, que formaliza nunha linguaxe axeitada.
4ª.- Está dotado dunha capacidade que lle permite asimilar rápidamente as astucias empresariais e os tramposos ritualismos institucionais, que poñen ós máis débiles en difíciles situacións.
5ª.- Incluso poderíamos falar dunha certa vitalidade crónica, pois, a pesar dos vaivéns do tempo e de toda clase de vicisitudes e incluso dolorosas adversidades, sobreviven nel vizosos os ideais dos seus primeiros tempos.

Sen dúbida, ten erros, e ata é posible que se pase na práctica do seus estraños métodos de investigación; pero se os investigados actúan correctamente, nada teñen que temer. E termino cunha cita do biógrafo, que dí isto: “Foi calumniado públicamente e espiado clandestinamente, colocados microespías na súa vivenda e interceptado o teléfono”(“Er wurde öffentlich verleumdt und heimlich bespitzelt, Waden (1) in seiner Wohnung gelegt und Telefone (sic)abgehört”, www.guenter.wallraff.com)
(1).- WANZE é un termo que, posiblemente, non encontren nos diccionarios ordinarios.. No PONS. DICCIONARIO BÁSICO ALEMÁN encontrarano, os interesados, coa segunda acepción seguinte: “Kleines mikrofon zum abhören von Personen”. E poñen este exemplo: “Die Polizei hat eine Weize in der Wohnung installiert (La policía ha instalado un micrófono en la vivienda).
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES