Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De repente, a pobreza

viernes, 11 de marzo de 2011
Levounos moito tempo, pero conseguimos crer que eramos un país rico. Procediamos dunha durísima posguerra, e pasamos épocas difíciles nas que nos acostumbramos a traballar de sol a sol e moito máis, sabendo que só podiamos contar co noso traballo para progresar.

Fóra ou dentro do país, traballamos de xeito indescritible. E foron pasando os anos e as décadas, e Galicia atopouse formando parte dun Estado que á súa vez formaba parte de Europa, o occidente privilexiado, onde –como en tempos, doutro xeito- non se poñía o sol.

E puido ser a finais dos oitenta ou dos noventa, cando tomamos conciencia de que pertenciamos ó sector favorecido pola fortuna na sociedade, eramos parte do primeiro mundo, do mundo rico, onde non se facía máis ca progresar.

Eso durou o que durou, pero mentras tanto adquirimos automóbiles cada vez máis potentes. Non só mercamos a primeira vivenda en propiedade, senón tamén unha segunda na beiramar e unha terceira na montaña. O sistema económico do que formábamos parte permitía todo, e non había problema ningún en ir pagando hipotecas, pedindo cretos, plantear ilusións. O sistema permitía todo, e todos formabamos parte do ledo sistema de vida do occidente.

Pero de súpeto a realidade dura veu impoñerse, e o occidenete seguía sendo occidente, pero xa non era rico. Había paises ricos, que traballaban, consumían, creaban riqueza e superaban todas as barreiras. E había paises pobres, que traballaban menos, aforraban menos aínda, e ían vendo como as barreirs se acumulaban diante dos seus ollos.

E os coches puideron correr menos. E as vivendas corrían perigo. E había que apretar o cinto. E o goberno daba bandazos pero ía impoñendo realidades cada vez máis duras, cada vez máis estreitas, ós galegos que seguían formando parte do mundo occidental, pero como case todo o mundo occidental estaban en crise.

Fálase de racionalizar o uso dos vehículos privados polas cidades, restrinxir a circulación segundo as matrículas, reducir o número de edificios oficiais, aforrar enerxía por riba de todo. Os veloces coches que mercamos non poden circular a altas velocidades, as vivendas complementarias son insostibles... hai que restrinxir gastos, porque -está demostrado- somos pobres.

O malo é que esta pobreza viñemos a descubrila nós sós, sen que se nos preparase para esto, sen que os gobernantes fosen tomando conciencia para axudarnos a entender. Fixémolo sós, porque os gobernos non souberon, ou non quixeron, informarnos a tempo.

E neso estamos, en administrar pobreza, en afacernos á pobreza. Seguimos sós nesta tarefa, que a información que recibimos máis que tranquilizarnos, informarnos, sitúanos cada día nun sen vivir, do que tardaremos moito tempo en sair.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES