Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Tele

lunes, 21 de junio de 2004
Son as dez e media da noite e Maribel volta para a casa do traballo cansa coma unha burra e dándolle voltas á cabeza.

- Traballo todo o día, Antonio tamén. Botamos case todo o día fóra da casa, ¡non me estraña que ande estresada! Xa se sabe, os gastos son moitos, a hipoteca, o coche, o fin de semana que estamos facendo na costa, o dentista dos nenos,... ¡que tamén xa podía entrar todo no seguro que non sei para que pagamos! ¡son tantos flecos! ¡como non vou estar estresada! E agora, por se fora pouco este outro choio que collín polas tardes na xestoría. Home, a paga non é mala e aínda que acabo moi tarde a fin de mes dá gusto, entre isto e mailas clases polas mañás aínda xunto un bo pico. Claro que ben deito de meus pais, senón fora por eles ¿que ía facer cos pequenos? Se chegan a vivir máis lonxe estabamos perdidos. A verdade é que os pequenos estar, están para comelos, e ¡listos son coma a fame! O Raúl ten oito anos e ¡hai que ver co ordenador que ven se manexa o condenado! E Javier, ese leva camiño de ser máis listo aínda que o irmán, xa sabe programa-lo video, manexa-lo DVD, conecta-lo satélite... ¡e iso con seis anos! ¿qué farán cando teña dez? ¡Non sei que máis pode pedir! Co tranquiliños que son. Miña nai xa mo di sempre “ai filla saíronche ben tranquilos oh, cólloos no colexio, traios para casa, doulles a merenda, póñolles a tele e quédansecoma santiños toda a tarde, parece quen non hai pequenos na casa”.

- ¡Que gañas de chegar teño e de quitar estes zapatos! Seguro que están todos no sofá cunha pizza vendo Salsa Rosa. Claro estes días co da voda do príncipe están as cadeas que non dan abasto. E a min que ela me parece un pouco pequena, será porque o Felipe é moi alto, xa mo dicíao Javier o outro día “mamá o que te perdiches, estiveron toda a tarde botando o da pedida de man e o príncipe case non cabía na televisión” ¡que ocorrencias teñen os pequenos, non sei se verán demasiada televisión” xa o falabamos o outro día Antonio e máis eu, pero Antonio pensa que sería peor que estiveran pola rúa xogando que tal como están os mundos. Eu non sei que pensar. O mellor ten razón, pero se tivera un chisquiño máis de tempo para eles.

Nestas Maribel chega a casa, mete o coche no garaxe e sobe no ascensor ata o piso. Ó meter a chave na porta sae todo contento a recibila o Boby que lle sobe polas pernas e move o rabo frenéticamente. Despois dos saúdos de rigor ó can, encamíñase cara o salón feliz de estar na casa e saúda ós seus un forte –boas noites familia- a resposta non se fai esperar, “Chis, cala mamá que está o Dinio en Antena Tres presentando a nova moza que ten”. Descolocada, senta no sofá a carón do seu home que dormita e despois de descalzarse, colle un trozo frío de pizza que vai mordendo distraídamente mentres o Dinio confundido xura e perxura que esta si que é o amor da súa vida.
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES