Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

110 Km. por hora

martes, 01 de marzo de 2011
Os conductores non acabamos de poñernos ó día no mundo da circulación, no que inflúen todos os poderes públicos e soporta un aluvión de restriccións.

Ampla contestación rexistrou a limitación a circular a 120 kilómetros por hora nas autovías e autoestradas, baseada no razonamento de que deste xeito se loita contra a sinistralidade da circulación. Que non deixa de ter razón, porque desde que non se pode circular a maior velocidade e se van aumentando os controis nas estradas o número de mortos en accidentes de circulación vai diminuíndo paulatinamente.

Agora, nun momento en que esperamos calquera decisión oficial que teña como máxima razón de ser a loita contra da crise, está anunciada a decisión, enésima norma sobre o tráfico rodado, de limitar a circulación a 110 kilómetros por hora en lugar dos actuais 120.

Razónase que esta diminución da velocidade máxima permitida vai proporcionar un importante aforro no consumo de combustible, cifrando este aforro a escala estatal en 1.400 millóns de euros ó ano.

O tema, como todos os que teñen unha transcendencia tan xeral e tan grande, provoca reaccións de todo tipo que se resumen en apoios e criticas, que non moverán a intención do goberno en que a medida entre en vigor a partir do próximo día sete de marzo.

Segue vixente a opinión de que os vehículos non debían ser tan potentes se non van poder correr a maiores velocidades, e de que o Goberno non debería ser tan intervensionista, agobiando a un colectivo universal xa tan controlado legalmente.

Se a medida produce aforro importante, aceptémola. Que a velocidade límite que se establece é unha barreira que ten moito de sicolóxica, porque segue habendo vida nos 110 kilómetros hora, e pequena diferencia hai en cumprir a Lei a 120 que a dez kilómetros menos.

O que si da sensación esta decisión é que se goberna a salto de mata, que se decide en base á última opinión ou consello, que non hai unha planificación que permita ir aplicando medidas de aforro segundo as circunstancias senón que estamos expostos á última ocorrencia de calquera ocorrente. Eso é o que nos amola e nos preocupa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES