Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nube de seda na lúa e outros relatos I

viernes, 25 de febrero de 2011
Todos sabemos que na actualidade, a literatura vai por unhas vereas ou sendeiros un tanto misteriosos e agochados que parecen levarnos á casa da literatura pero que non o fan. Esta conversa tivémola moitas veces co autor, Xosé Luís Vázquez Somoza, e foi motivo de prolongados e cultivados cafés.

Outro autor galego, Xosé Carlos Caneiro no seu libro “Os dominios de Caín” é tamén da mesma opinión, ou Fernando Valls en “La realidad inventada” dinos o seguinte nesta pequena recensión:
“Hasta no hace muchos años podíamos encarar las obras literarias en una tradición. Hoy, si se quiere entender la narrativa, ya no basta con estar familiarizados con la historia literaria, sino que además es preciso conocer los mecanismos que utiliza el mercado, ese variopinto conglomerado en el que editores, agentes, medios de comunicación (crítica incluida) y público lector dictan unas leyes que cada vez tienen menos que ver con lo literario” e aquí é onde quero entrar.

A literatura é fondo e forma como nos dícía Lázaro Carreter, ou significante e significado como os críticos nos adoutrinaron dende Saussure; pois ben, hoxe unha grande parte dos autores fan literatura soamente do significado sen ter en conta o significante ou forma na que tamén se atopa a beleza da palabra incardinada nos piñóns dos sintagmas que elevan a prosa aos máis altos designios do saber ben contado. Hoxe, digo, hai autores que se escapan só para o mundo do significado puro e duro con palabras do acervo común e os comúns dos mortais cando os lemos non nos fai falta incluso mirar o dicionario, cousa curiosa, pois un libro, ha de ter algo novo que nos ensine, e que menos que ensinarnos palabras a todos os lectores!; pero o máis curioso, é que estes personaxes dos que falo, chegan a ser incluso Premios Nacionales ou Nacionais das distintas nacións, e se non chegan a selo, poden facer literatura para adolescentes que as editoriais ven como un “pingue graxo” o asunto, sen importarlles para nada a Literatura e vetan aos que fan verdadeira LITERATURA con maiúsculas. Unha receita que podemos coller na farmacia da literatura sería a seguinte “Se unha obra a les unha soa vez e xa colmou os teus desexos, iso, non é literatura”pódese queimar aínda que tal e como di Manuel Rivas “os libros arden mal”; unha obra de arte has de vela, ou lela tantas veces como queiras e cada vez, verás cousas anovadas que non viches a vez anterior. Mais será a historia a que poña a cadaquén no seu lugar.

Hoxe estamos diante dunha obra literaria de Xosé Luís Vázquez Somoza, home que ante todo é un bo profesor, un bo amigo, un bo compañeiro y un non menos bo escritor e iso constátano os seus premios, entre outros colleitou O Manuel Murguía, dous accesit do Modesto Rodríguez Figueiredo, O do Concello de Marín, O Ánxel Fole, Premio de relato curto de Alta Montaña; a verdade, eu non lle coñezo a Xosé Luís un relato que non fora gañador dun premio. Home cargado de sabedoría e de humanidade como o confirma o relato dedicado a unha alumna “A Beatriz”, porque sentía a deseperación da súa alma, e era capaz de intuír e de saltar as barreiras do material e de aí que apareza esa “nube de seda” que envolve a Beatriz, protagonista en carne e óso e que no libro está representada por Antía Pego, de 3º da ESO, alumna de Fonfría, pero que na realidade era unha alumna do noso instituto (I.E.S. Lucus Augusti), á que o noso compañeiro soupo ver, e descubrir a súa fatalidade, mais tamén a súa esperanza.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES