Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O falar das vagas

jueves, 24 de febrero de 2011
O falar das vagas O falar das vagas Encrenecado nunha praia, que o mar pouco a pouco viña mollando, por non mollar eu o cú deixándome levar polo ir e vir das vagas.
As vagas, despois de romper, esmorecían xusto onde eu estaba.
E alí eu, encrenecado, cos meus pensamentos.
De tanto escoitalas, de tanto ollalas ir e vir, aprendín a súa linguaxe.
Na súa fala, de mar salobre, contoume unha:
A amizade é un eido que hai que estar constantemente a cultivar.
Facendo labregos, aos amigos; aos amantes, xardiñeiros.
Outra vaga engadiu:
Co sacho, labouranse as terras de sembradura; coas máns, os xardíns de flores.
Traballando a terra, fortécese o lombo; coidando as flores, aducianse as mans.
Unha nova onda, que chegou máis cargada de escuma ca de auga, dixo:
As terras botadas a perder só serven para lles dár de comer ás bestas.
Os xardíns sen coidar corventense en toxeiras.
Mais, aló veu outra vaga chegada en ondas asmáticas, balbucendo:
As terras, nútrense co suor do corpo; os xardíns, coas lágrimas da emoción.
Eu, erguido e recuando para non me mollar cos golpes arremetidos doutra onda, que viña enfurecida coa forza da desesperación e que, case berrando, dixo en bruída algarabía:
Pode que una terra destragada se refaga de novo, mais sempre estará presta a medrar herba do rancor e da aversión.
Un xardín non se refai, non. Recomponse, se cadra, en desigual e malamente.
É mellor facer un novo
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES