Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os vampiros de carne e oso

jueves, 24 de febrero de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: OS VAMPIROS DE CARNE E OSO

Segundo a lenda os vampiros para manterse activos teñen que alimentarse de sangue de seres vivos. A súa definición consiste en cadáveres cunha actividade depredadora e “chupasangues”. Non entanto, os vampiros son unha obra da imaxinación. Ollemos se existen ao noso arredor, témolos a moreas. Os banqueiros, os políticos e os grandes “chairman” de Wall Street. Porén, estou en dúbidas se estes reflíctense no espello.

Algúns aliméntanse na sombra, viven dentro dunha natureza oculta, están por riba do poder político que o dominan rematando como xerentes dese poder oculto nas covas vampiresas. Reinan sobre toda a manada en un mundo inxusto que cada vez acentúase máis, provocando que a corda pola que tiran está a piques de rachar. Xa está acontecendo en moitos países que non consenten que eses vampiros lle chupen máis a sangue. A suba do prezo do petróleo e dos alimentos, cunha combinación da especulación financeira salvaxe, non deixa de ser un cóctel explosivo cunha desfeita a nivel planetario que ninguén pode estimar ou prever do que pode pasar nun achegado futuro. Temos as revoltas dos países árabes, os conflitos militares en lugares moi quentes, revoltas obreiras en EEUU (Wisconsin) país este que máis vampiros hai por metro cadrado, onde o seu presidente o Premio Novel da Paz Sr. Obama, segue na súa proposta de aumento do gasto militar en detrimento dos grandes problemas sociais, cumprindo as esixencias dos vampiros que fabrican as armas e do Pentágono.

Estamos nun sistema esgotado, onde o pensamento foi substituído pola imaxe programadora o “Gran Hermano”. Alguén ten que pensar cun cerebro completo para endereitar este planeta nebuloso. Hai que ir ao corazón do vampiro cun fungueiro de madeira e pasalos polo espello por se aínda non se reflicten. ¿Existen en realidade?. Si. Non son cadáveres, son depredadores de carne e oso.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES