Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pais da patria

miércoles, 23 de febrero de 2011
Rato: despois de acadar certo prestixio como ministro de Aznar, Rodrigo Rato foi, de 2004 a 2007, director do FMI. Segundo recoñece agora o propio organismo, durante esa etapa non foi quen de anticipar a crise, nin de prever a súa magnitude. Non alertou do desastre que se aveciñaba. Pola contra, recomendou prácticas destrutivas: alentou a camiñar de fronte ao abismo. Agora o mundo económico navega na incerteza e millóns de familias pagan as consecuencias. Pero Rato é presidente de Caja Madrid e segue a gozar da consideración dos seus.

Aznar: nunha operación fraudulenta, Aznar e Rato entregaron as cinco grandes empresas públicas españolas (Telefónica, Endesa, Argentaria, Tabacalera e Repsol) a homes da súa confianza e despois puxéronas á venda en Bolsa. O xornalista Jesús Mota di que non debe entenderse o termo expropiación como unha metáfora: é real. Tampouco soubo pórlle freo á economía do ladrillo. Pola contra, axudou a inflar esa tremenda burbulla que agora ateaza a economía española. Mais este grande estadista, na vez de pedirlle desculpas á cidadanía, é capaz de escribir que "España puede salir de la crisis", e imparte doutrina desde a súa plataforma de ultradereita (Faes) mentres recibe elevadas remuneracións como asesor de diversas empresas multinacionais.

Villar Mir: foi ministro con Arias Navarro, nos estertores do franquismo. Despois fixo unha gran fortuna a partir de sociedades en bancarrota e utilizando a súa posición de privilexio. En Galicia tamén deixou a súa pegada. Secou o tramo final do río Xallas (único río de Europa que caía ao mar en cascada) para construír unha central eléctrica; provocou, no 2007, un desastre ecolóxico coa morte de milleiros de troitas no mesmo río ao pechar as comportas do encoro río arriba; a fábrica de Ferroatlántica en Cee, da que é propietario, é das máis contaminantes de Galicia; paralizou a chegada do AVE a Galicia ao preitear coa Xunta pola expropiación da mina de cuarzo de Serrabal (Boqueixón). A Casa Real vén de concederlle o título de marqués. Aquí deberiamos declara-lo persoa non grata.

Ruíz Mateos: Cando lle expropiaron Rumasa, no ano 1983, vestiuse de Superman e declarouse vítima dunha confabulación do goberno. Levantou outro imperio, Nueva Rumasa, que agora se desmorona coma un castelo de naipes. Volverá face-lo pallaso, para proclamar a súa inocencia. Moitos traballadores quedarán na rúa polas súas manobras e non lle van rir as ocorrencias..
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES