Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprender de Oporto

miércoles, 23 de febrero de 2011
De Portugal vimos recibindo leccións de traballo e entusiasmo que se traducen en avances notables na economía e na sociedade, que se non se notan máis é porque partiron de niveis moi baixos que costa máis traballo superar.

Se o comercio, a gastronomía ou a actividade de Galicia atrae ós veciños portugueses, desde esas terras da nosa veciñanza son contínuas as chamadas a todos nós para que acudamos a elas, xogando en contra unicamente esa dificultade do pago das autoestradas, nunca ben entendido nin planteado.

Pero entre as leccións que vimos recibindo, a máis importante sen dúbida é a de Oporto onde se está creando un importantísimo nudo de comunicación, ó que os galegos nos sentimos atraídos sen remisión.

O aeroporto da cidade de Oporto recibiu o pasado ano 600.000 usuarios galegos, especialmente do sur de Galicia, que foron detraídos dos nosos aeroportos, sufrindo especialmente esta emigración o aeroporto de Peinador, que loita por ser o segundo de Galicia.

Seguimos sen reaccionar diante do feito de que máis de medio millón de galegos decidan desplazarse a Oporto para as súas viaxes aéreas dentro de España, ou a Francia, Suiza, Alemania e Gran bretaña, e só sabemos queixarnos da falta de infraestruturas, da pouca utilización dos servizos, ou dos altos importes destes.

Pero en Oporto non só están atendendo ó funcionamento do aeroporto senón que veñen de ampliar o muelle de Leixoes, co que xa poderán atracar os trasatlánticos de máis de trescentos metros de eslora, e o tráfico de grandes cruceiros non fai máis que medrar en detrimento dos de máis preto, entreles o de Vigo.

En tanto, Coruña e Vigo seguen a disputarse primacías cidadás, e cada cidade mira polas súas vantaxes ou prebendas, sen ter unha conciencia de aquela cidade única soñada para esta fisterra, ou de comunidade con entidade e servizos propios. Mentras non contemplemos globalmente o país; mentras non planteemos unha loita global polo que é noso, seguirémonos desangrando en pequenas loitas para defender os nosos reinos de taifas e os galegos seguiremos buscando fóra as mellores ofertas e trazaremos rutas viaxeiras cara calquera cidade do mundo que, sorprendemente, en lugar de pasar por Coruña, Vigo ou Santiago, pasan por Oporto, na mellor demostración de que non sempre a liña recta é a máis doada, a máis curta ou a máis barata.

Aprendamos de Oporto para ser mos máis nós mesmos; para valernos co que posuímos e podemos potenciar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES