Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exemplo do que hai que facer

jueves, 17 de febrero de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: EXEMPLO DO QUE HAI QUE FACER

Non me sorprenderon os acontecementos que estanse a vivir nos países árabes que de momento remataron coa fuxida dos tiranos. Todos eles moi demócratas para Europa ata onte. Hoxe xa non o son, a hipocrisía dos nosos gobernantes occidentais non ten fondo.

Do que non falan estes hipócritas que temos gobernando é da outra “revolución”, da que ten lugar desde hai case dous anos nun país de Europa como é Islandia, das medidas que tomou este país ante a crise que chéganos ata o pescozo. Resúmoas nunha concisa exposición dos feitos: o pobo a golpes de tarteiras, berros e lanzamento de ovos ante o Parlamento, fixo dimitir ao goberno en pleno. Decidiron non pagar as débedas que os bancos crearon. Nacionalizaron os principais bancos. O pobo creou unha asemblea popular para reformar a constitución. Referendo para que o pobo decida sobre as decisións económicas. Meteron na cadea aos responsables da crise (banqueiros e financeiros). Proxecto de liberdade de información e de expresión.

¿Estase a falar de Islandia nos medios masivos de comunicación de España e outros países europeos en mans do poder e do diñeiro?. Non. ¿Comentan disto eses “politiquillos” e mercenarios da desinformación neses faladoiros das radios e televisións. Non. Só falan para crear amnesias xeneralizadas, meténdonos nunha subcultura profunda.

Ollo ao piollo, non se pode falar de que a cidadanía dun país de Europa tome o poder e lle plante cara ao neoliberalismo salvaxe, contra a socialización das perdas, recortes sociais e as condicións laborais en precario. Temen que o exemplo do que hai que facer colla contaxio, que lles tiren este “quiosco” financiero inxusto que teñen montado. ¿Que pasaría se a maioría dos cidadáns europeos recolleramos o exemplo de Islandia?. Coido que moitos desalmados das finanzas ían a endereitar plátanos á Madagascar.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES