Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amigo Rogelio Diz 'In Memoriam'

miércoles, 09 de febrero de 2011
Amigo Rogelio Diz 'In Memoriam' DESDE O PREGUNTOIRO: AMIGO ROGELIO DÍZ, “IN MEMORIAM”

Hai unhas horas comunicáronme o pasamento do meu amigo Rogelio en México. Hoxe é un día moi triste para min. As lembranzas de toda unha vida que estiven xunto a el véñenme á cabeza. Pásanme ante os meus ollos como unha vella película danada co paso dos anos. Vénme á memoria a nosa infancia, moi lonxe, aqueles primeiros discos do Beatles que escoitábamos xuntos a principios dos anos 60, cunha gramola que trouxera de México. Aqueles anos estudando no colexio “Divino Maestro" D. Pepe. Os campionatos de Galicia de natación e cantidade de anécdotas que pasamos xunto con outros amigos e compañeiros.

Daquela infancia e xuventude, sen darnos conta pasaron os anos e tivemos os contactos permanentes desde Galicia e México, con algunha que outra visita a esta terra nai. Unha destas visitas foi para presentar o libro do seu pai “Memorias, Pensamientos y Versos” en Vilagarcía e Santiago, cousa que teño a honra de acompañalo tanto eu como Xavier del Valle-Inclán nesas presentacións.

Era moi importante para el o presentar o libro do seu pai, era como unha cuestión de principios o dar a coñecer o padecemento e sufrimento nas cadeas franquistas do seu proxenitor. Rogelio era un libre pensador, unha persoa dunha menta clara, dun corazón xeneroso e agradecido. Un gran comentarista político de varias revistas de México e de Galicia como: Xornal.Com, Galicia Dixital e Noticias Galicia. O último comentario mandoumo para a revista AVANTE do seu pobo Vilaxoán en decembro pasado.

Todos eses fermosos retallos de antano, daqueles días que non volveran, sempre navegaran co meu corazón de navío e coas ondas das lembranzas. Amigo Rogelio, na Lagoa, lugar onde naciches, estes días murcháronse as flores e choraron os sorrisos. Aquí en Vilaxoán a brisa fresca do vento mareiro escoitábase un son de dor.

Moitas grazas Rogelio polos grandes momentos que pasamos xuntos. Descansa en paz e que a terra che sexa leve.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES