Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ocasión para mercar

martes, 08 de febrero de 2011
Mentras o precio da vivenda baixa prácticamente en toda España, en media Galicia -Lugo e Ourense- os precios non só non baixan senón que se manteñen ou medran.

Foron moitos anos nos que a construcción foi o motor dinamizador de Galicia, construíndose pisos para primeiras ou segundas vivendas en moita maior medida que as necesidades reales, e as cidades foron convertíndose en lugares de oferta de vivendas que non atoparon comprador sendo miles os pisos vacíos desde hai xa bastantes anos. Pero mentras o proceso constructivo non se parou e as entidades de crédito facilitaban préstamos hipotecarios polo cen por cento do valor do piso, e moitas veces superándoo, a inflación de vivendas aumentou, e a conciencia de todos de que aquela situación non podía manterse non valeu para moito pois o que todos os implicados no fenómeno da vivenda pensaban é que ían librar dos seus riscos antes de que se producira o temido crack.

Rotas as reglas de xogo, seguimos a manter un grandísimo parque de vivendas sen utilizar, que non se venden porque non baixan os precios e non é doado obter o correspondente credito hipotecario, nun mercado atomizado no que os vendedores poden ser grandes promotores pero tamén pequenos aforradores que arriscaron o seu patrimonio no campo da especulación e hoxe atópanse con pisos para vender pero sen demasiados
problemas para termar ata que se produza o milagro da compra.

Non parece vislumbrarse unha solución a tempo razoable desta situación. Nin a construcción se anima, nin os pisos baixan como se pensaba que ían facelo, nin os soldos permiten moitas alegrías, nin as entidades bancarias teñen capacidade para conceder cretos.

Non é, pois, ocasión para mercar, que os precios non baixan. Nin o diñeiro flúe hacia o mercado da vivenda. Nin a alegría impera no mercado. Haberá que seguir agardando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES