Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fichas de dominó

lunes, 07 de febrero de 2011
Que o xeito de gobernarse cada país é un asunto interno é unha verdade a medias, xa que non se trata de que un Estado dispoña dunha capacidade de gobernarse de por si senón que en todo momento está interrelacionando con todos aqueles que o rodean e, en xeral, con todos os que mantén algún tipo de relación. E os estados poderosos inflúen de xeito político e económico en todos os da súa área de acción, que nos casos das grandes potencias é o mundo enteiro.
Que Portugal en 1974 e España en 1975 iniciaran un camiño democrático foi unha tranquilidade para moitos, persoas e países, por conseguir solución pacífica a un problema existente no occidente de Europa.
Nas últimas décadas, as grandes potencias miraron para outra parte cando se trataba de analisar o funcionamento democrático dos paises do norte de África, ponte entre dous continentes e dúas civilizacións, que podían constituir un gravísimo perigo en caso de inestabilidade.
E de repente provócase un polvorín en Túnez, e a explosión contaxia a Yemen, a Jordania, a Egipto, no que parece un imparable movemento de democratización nunha amplísima zona na que os movementos populares entenden chegado o momento definitivo en que os pobos consigan liberdade e progreso.
A consecución nestes países de eleccións libres e democráticas, abrirá un novo tempo para o norte de África e para toda a rexión, que nos engloba de cheo. E aínda que se presenten pantasmas amenazadores - entre eles non é o menor a existencia dun fanatismo relixioso que ata agora contiñan os dictadores no poder - hai que saudar o novo tempo que se abre, na seguridade de que a maior cultura e formación da xuventude teñen que garantir un novo tempo de liberdade e progreso. Alomenos ese é o noso desexo, e o de todo o Occidente europeo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES