Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escaleira infinita

jueves, 03 de febrero de 2011
Deixandome ir polo prado dos soños metinme na fraga da realidade, por me esperguizar. Xa, espelido, vexo diante de min un curro de xente arrodeando unha escaleira que vai contra ó ceo. Aló, no alto, non se deixa descernir nada de esta.
Un intrépido, entre os indecisos, súbese por ver a onde leva. Pola sudita escada, chanzo a chanzo, canseiramente, constantemente; penosamente.
Chanzo a chanzo gatuña o susodito.
E canto máis sube máis difuso e confuso se torna el. O mesmo que a infinda escada.
Ata que, coma os que quedamos embaixo sen velo, o subidor tampouco nos percibe a nós. Sei de certo, non o supoño, que el segue sen tentar o termo da escaleira infinita, que coma
unha planta trepadora sen fin, exténdese na eternidade.
Unha vez aló enriba, por moito que el baixase, como por tanto que el subio, non vai atopar nin principio nin fin.

Barón de Herbón Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES