Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Folga

lunes, 31 de enero de 2011
Levamos en pouco tempo dúas folgas xerais aínda que ben diferentes entre si en canto á convocatoria, que na primeira foi global das centrais sindicales acreditadas entre nós, e a segunda convocada en solitario pola Cig.
Se a primeira pasou en definitiva con máis pena que gloria como ocorre nesta terra con este tipo de convocatorias que só son seguidas polos militantes sindicales e polos que se ven forzados a sumarse a unha protesta que pode dexenerar en dano para as súas instalacións comerciais, a segunda foi puramente testimonial.
Pasada a efervescencia sindical e política dos anos setenta e oitenta chegamos a un tempo de impavidez ou pasotismo no que acadamos a convicción de que o que non se consiga co diálogo político e co funcionamento normal das institucións non se vai conseguir coa violencia verbal ou coa toma das rúas.
Posiblemente na actualidade, nun tempo no que os partidos políticos consolidados se anquilosan e se convirten en máquinas de poder, de conseguir e consolidarse no poder, tamén os sindicatos ven como se vai perdendo a súa implantación na súa sociedade, o seu papel de intermediarios entre empresas e traballadores, e os numerosos liberados que nesta terra existen non contribúen a un dinamismo proporcional ó seu número e importancia.
Que os sindicatos nacionalistas plantearan unha folga en solitario, coñecendo as súas forzas e implantación nesta terra, parece un canto ó sol, ou pura necesidade de facerse notar nunha situación económica gravísima na que non queren perder protagonismo, e na que tentan volver a ser pezas importantes no noso entramado social.
Era unha loita perdida de antemán esta folga recente.
E hai que recoñecer á Cig coa súa convocatoria unha valentía innegable, a necesidade de facerse notar socialmente nun tempo no que prácticamente todo – o sindicalismo tamén- está en crise.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES