Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Norte Lonxano

lunes, 07 de junio de 2004
Do norte costeiro chégannos voces de rebeldía, para que alguén tome conciencia de que hai que contar con esta zona e as súas xentes á hora de planificar algo tan importante como as súas comunicacións.

O norte lucense sempre estivo desconectado da capital. Pero tamén de Asturias. E da Coruña. O norte lucense sempre se sentíu abandoado na lonxanía.

Houbo un tempo no que a Viveiro nin sequera chegaban as emisións de radio das emisoras de Galicia. Agora teñen emisora propia. Houbo un tempo moi longo no que a Viveiro os coches chegaban con dificultade. Foi ese mesmo tempo en que todo o turismo interior de Lugo emigrou nos veráns ás provincias de A Coruña e Pontevedra, desde Miño a Sanxenxo.

A situación mellorou pero non o suficiente. Por eso o Alcalde de Xove se enfrenta ó Conselleiro Alberto Núñez; por eso responsables do Psoe de A Mariña, Ortegal e Ferrolterrra veñen de xuntarse en Viveiro para esixir que se varíe o trazado da autovía do Cantábrico.

O norte lonxano mobilízase. Facer oídos xordos pode ser perigoso.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES