Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous lagos e unha montaña

viernes, 28 de enero de 2011
O Lago da Esperanza é profundo. Xa comeza a selo xusto dende a súa beira.
O Lago da Esperanza ten as augas tranquilas, para calquera que o mire. Mais cando un se sumerxe nas súas augas, estas tórnanse turbulentas.
O Lago da Esperanza é o sarcófago onde se prenden tódalas esperanzas afogadas nas súas augas, derramadas alí polas lágrimas da humanidade.
O Lago da Desesperanza é pouco profundo, mais estas augas semellan turbulentas. Nestas outras augas do Lago da Desesperanza pode facer pé calquera que sexa.
É doloroso que só os despiadados ousen de se meter nestas augas de tan mala presenza e inofensivas, dende onde os discípulos da mediocridade fabrican a maldade que masacra ao resto da humanidade, salpicándoa con istas augas verquidas polo suor dos explotados.
Faría falla rubir á montaña da utopía e, na cima, soprar todos xuntos, fortemente, para disiparen a brétema...
Isto nos faría ver, simplemente, a realidade.

Barón de Herbón Bon Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES