Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Portugal gañou a abstención

jueves, 27 de enero de 2011
DESDE O PREGUNTOIRO: EN PORTUGAL GAÑOU A ABSTENCIÓN

A maior abstención da historia de Portugal nas eleccións do día 23, chegou ata un 53,3 %, sendo interpretada como unha sinal de protesta e castigo dos cidadáns.

En España podemos aplicar o refraneiro: “Cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pon as túas a remollar”. Coido que o panorama que temos por esta banda da fronteira non é moi esperanzador. Adiviño que menos xente irá a votar e cada vez os gobernos non representaran a ninguén. É o resultado dunha política de retroceso social e de valores de dous partidos maioritarios. O que goberna presume de “ esquerdas” e o da oposición de “centro” onde se deixan dirixir polos grandes poderes económicos e os pequenos partidos están sendo borrados do mapa polos medios de comunicación e unhas leis electorais inxustas. Non sei se dan conta de que vai chegar o momento que só estarán no cumio polo designio dos “mercados” e non polo apoio do pobo.

Dicía Einstein, “en tempos de crises, só a imaxinación e máis importante que o
coñecemento”. Polo momento non vexo imaxinación, só vese mediocridade nun bipartidismo que soamente aférranse a este sistema caducado sen un rumbo fixo.

Necesitamos un novo rumbo, unha alternativa clara e precisa sobre a base da educación en valores que remate nun mellor reparto da riqueza. Necesitamos dar un salto deste sistema inxusto, por unha conciencia social solidaria que trate de reformar a estrutura produtiva e o concepto de crecemento. Necesitamos unha cultura do traballo, cohesión social e solidaria.

Loita contra as economías somerxidas e contra aqueles que se aproveitan deste sistema para o seu beneficio persoal. Se alguén cre que pode seguir pola senda dun crecemento ilimitado nun planeta limitado, ou é un tolo ou un economista.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES