Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Algúns problemas da mocidade: Reflexións

miércoles, 26 de enero de 2011
Os maiores adoitamos tranquilizar a conciencia acolléndonos a aqueles tópicos que máis cubren as nosas deficiencias. Desta maneira, cando alguén lamenta que a mocidade está soportando un abafante desconcerto polos cambios que se producen na sociedade, sempre hai quen diga que a ela iso non a afecta moito, porque está dotada dunha elasticidade que lle dan os poucos anos que teñen os rapaces que a integran. E esta é unha media verdade, como espero que vaiamos vendo.

Nas últimas décadas do século XX e primeira do XXI, ocorreron unha serie de cambios nas estruturas socio-político-económicas que ós maiores colléronos co paso cambiado, e aínda non somos capaces de marcalo ben; pero á mocidade destas décadas, para ben e para mal, producironlle unha verdadeira convulsión.
Había bastantes anos que estababamos asentados nunha sociedade técnica, industrial e moderadamente urbana, con un certo equilibrio rural. Pero os profundos cambios que se produxeron nestas estruturas, nas décadas sinaladas, removeron o substrato social, económico, político, docente, etc. dos devanceiros destas novas xeracións, e rompéronlles moitos dos seus esquemas referenciais. E a capacidade de reacción foi tan escasa que quedaron na peunumbra da informática, ao marxen dos avances xenéticos, na área da incomprensión dos novos enfoques éticos, políticos, xurídicos, etc.; pero abertos a unha globalización que subministrou informacións a cachón, imposibles de procesar sen as claves adecuadas. Todo isto trouxo o que hoxe coñecemos como a sociedade do acceso, coas conseguintes esixencias dunha apresurada nova formación, e tan nova que os rapaces tuveron que adquirila nun ambiente familiar (e profesoral, a veces) descoñecedor dela, e non sen un certo receo respecto a súa utilidade práctica para a vida. Pois ben, a nosa xuventude estuvo inmersa neste contexto, e, en certo modo, aínda está.

Nel xa non hai unha mentalidade nova, asimilable polos maiores, senón diversas e pintorescas mentalidades, con senllas escalas de valores, pouco consistentes e menos coherentes, a veces; deixou de existir aquela sociedade monolítica, na que a transmisión de valores se realizaba case por inercia, mecánicamente, e agora hai un conxunto de normas e valores que ofrecen diversas maneiras de ver a vida, sen preocuparse moito do sentido da mesma.

Certamente, a mocidade é a máis sensible a estos cambios, entre todos os sectores sociais, non só porque tamén é quen máis se xoga, non só polo papel de ponte entre a sociedade que vai declinando e as outras que van surxindo xa, e en lontanía, sen definirse como unha aceptada maioritariamente, senón tamén porque aínda non hai moita seguridade en que estos cambios desemboquen nun verdadeiro cambio de paradigma socio-económico-político capaz de harmonizar as tendencias, e isto percibiu perfectamente a nosa mocidade. É, por tanto, lóxico que, presionada por forzas antagónicas no seo da sociedade na que vive, se pregunte polo vieiro a seguir nesta confusa situación, e non parece que ninguén lle ofreza unha contestación suficientemente aceptábel.

Polo tanto, non parece arriscado afirmar que a nosa xuventude vive no ocaso agónico dun mundo e o amencer doutro (ou doutros?) que ainda non acougou (acougaron), sen poder tan sequera por en exercicio os resortes dunha mínima esperanza, porque as ameazas cargan o futuro de inseguridades e dificultan os proxectos. Este novo mundo (ou estos novos mundos) preséntase desconcertante, porque del se intue o mellor, pero tamén o peor, capaz de albergar niveis de liberdades nunca esperadas, e, o mesmo tempo, de abrir as portas a novas formas de esclavitude, acendendo as luces dun progreso que pode devir regresivo, cun novo modelo de solidaridade en ensaio. Aquí todo é novo, porque o pasado, nin sequera para o análisis reflexivo e obxectivo, non ten boa prensa.

Por conseguinte, non é que a nosa mocidade careza de valores, non, está desconcertada e desorientada, e este desconcerto arrastraa a condutas estrañas que seguro á maioría dos rapaces lles rexeita a propia conciencia: sabe que os “botellós”, por exemplo, non conducen a nada bo, e tamén sabe que só serven para anestesiar os sentimentos dun fracaso en tarefas que, paradóxicamente, nin sequera emprendeu. Os maiores temos que comprendelos e intentar descubrirlles rutas de orientación, non limitarnos a agoiralles un pésimo futuro. Deberíamos utilizar a nosa experiencia, para situalos en horizontes donde poidan ver un futuro máis prometedor.

Estamos dedicados a resolver problemas de diversa natureza e chegamos a solucións boas, no eido da ciencia e da tecnoloxía; pero non ocorre así na solución do máis transcendental problema que ten plantexado a humanidade, a recuperación da súa xuventude para a constitución dunha sociedade global con un mínimo de coherencia estrutural. E se isto non se fai, moito me temo que os grupos de presión xuvenís acaben rompendo as institucións socio-político-económicas, que só serven a uns poucos, con dinamismos polimórficos violentos e ata hoxe descoñecidos. Non lles colguemos, pois, ós rapaces todas a responsabilidades, porque fumos nosoutros os que lles facilitamos vasos abondo para que os desbordaran con toda clase de escándalos.

É por isto polo que nos encontramos cuns rapaces que desprezan o mañá, e apaixonoos o de cada día, as ofertas presentistas, porque non saben como valorar un mañá envolvido na néboa da incertidume. Da a impresión de que desvalorizan todo o que acadaron os seus devanceiros, e así é, pero a isto aventúrolle unha explicación: para as solucións máis urxentes non lles serve de moito.

Desta maneira podemos comprender por que a mocidade actual trae de cabeza ós pais (e nais, claro), ós educadores, ás autoridades, etc: mexen os catro puntos cardeais na procura dun rumbo que nin encontran nin teñen esperanza diso. Xa Aranguren nos falaba dunha “xuvenilización” xeral da sociedade, e eu ben preferiría falar da infantilización, porque os mesmos mayores adoitamos, hipócritamente, finxir entender ós rapaces, como se entendéramos moi ben o que está a ocorrer neles cos parámetros destes tempos, e incluso intentamos semellalos nalgúns dos seus actos, cando o que eles necesitan non son imitadores, senón contrastes referenciais.

Se non cubrimos estes flancos, non deberían estrañarnos as rebelións xuvenís, pois non son outra cousa que o recordo a voces dun exame de conciencia que os maiores non quixemos facer ao seu debido tempo, porque preferimos seguir encadeados a unhas convincións e reiterar as faltas sociais de autenticidade, algo que hoxe non aceptan os nosos fillos e netos, por manipuladoras e seductoras.

Non podemos esquecer que nos abandonamos nunha cómoda superficialidade, sen deterse a pensar o que se lles viña encima as novas xeracións, e sen reparar que con esta actitude estabamolos levando o fastío dunha sociedade sen vida e moi brizada de todo, chea de falsedades, de opresións e asestada por un desmedido consumismo. E os rapaces, como non poden fuxir dela, narcotízanse para non sentila.

É lamentábel, pero ata aquí foron levados por nosoutros: ata a perplexidade, a contestación, o desacougo, a disimulada desesperanza, a desilusión, o escepticismo, o nihilismo en todos os campos…E aquí estamos.

Unha visión pesimista?. Cando a realidade se impón, non hai praza para as falsas saídas.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES