Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sofisma dos xenéricos

martes, 25 de enero de 2011
Cómpre decilo unha vez máis: os xenéricos son eficaces e seguros, igual que os fármacos de marca. A única diferenza é o prezo: son máis baratos. Por iso todos os gobernos tentan promover a sua utilización. Defendo o seu uso con absoluta convicción. Na miña consulta o 25% das receitas son xenéricos, mentras a media de Galicia anda polo 15%. Máis promover os xenéricos non é sinónimo de asumir o catálogo restrictivo aplicado pola Xunta desde o pasado tres de xaneiro. Non cuestiono os obxectivos (prescripción de xenéricos, aforro no gasto farmacéutico) senon o procedemento.

Galicia sitúase como a última comunidade no uso destes medicamentos. Os sucesivos gobernos de PP non fixeron nunca unha política decidida neste terreo. Outras autonomías utilizaron os resortes legais ao seu alcance (guías farmacoterapéuticas, prescripción por principio activo, etc.), e facilitaron aos profesionais instrumentos (receita electrónica, información terapéutica, etc) para mellorar a prescripción. Así conseguiron un elevado uso destes fármacos. En Galicia foi o goberno de progreso o que impulsou estas iniciativas.

Ningunha comunidade fixo un catálogo restritivo como o que ven de impoñer a Xunta. Por unha razón sinxela: nun estado de dereito cada instancia ten delimitada a súa capacidade para lexislar, e a listaxe de medicamentos financiados é competencia do Goberno central. O Ministerio de Sanidade non ten máis remedio que recorrer este catálogo porque debe garantir a cohesión e a equidade no acceso ás prestacións sanitarias en todo o Estado. A Xunta estaba advertida pero non cesou no empeño, provocando unha situación delicada entre as dúas administracións. Aquí hai unha xogada estratéxica e mediática na que os gobernantes galegos cren sair gañadores, calquera que sexa o resultado.

Se o Ministerio non recorre incurriría nunha perigosa deixación de funcións: dentro de pouco podería haber 17 catálogos diferentes. Máis se impide a aplicación deste catálogo a Xunta non conseguirá o aforro anunciado e botaralle a culpa ao Ministerio.
Os mesmos que reducen o orzamento sanitario e que favorecen negocios privados na construccións dos hospitais públicos hipotecando a sanidade galega, tentan aparecer como defensores do sistema. E aínda pretenderán sinalar á ministra como aliada dos escuros intereses da industria farmacéutica.
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES