Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Precios imposibles

miércoles, 26 de enero de 2011
As compañías aéreas fixeron o seu agosto outrora, con precios que quizais eran os precisos para manter os elevados custos de avións e o seu mantemento, a inmensa organización administrativa, e o persoal especializado. A resultas desa realidade, estabamos todos convencidos de que o transporte aéreo tiña que ser necesariamente caro, compensando coa súa rapidez e seguridade calquera outro aspecto negativo.

E tiñamos tamén a seguridade de que cada Estado non podería ter máis ca unha linea aérea, de titularidade pública ou mixta. E vendéronnos durante moito a idea de que España tiña unha das primeiras lineas aéreas do mundo, sendo Iberia unha entidade que destacaba entre as súas iguais, por preparación, infraestructuras e funcionamento.

No tempo en que cambiaron tantas cousas, no que se abriron moitos mercados, desapareceu a exclusividade aérea e deron en aparecer outras empresas que competían con diversa sorte, pero xeneralmente con éxito coas entidades de sempre, que viron recortado o seu mercado, pero sobreviviron mediante fusións, aforros e outros mecanismos que sempre quedan a disposición do que tivo preeminencia empresarial.

A última nova que recibimos é que unha linea aérea privada vai establecer voos entre Santiago e Xinebra, que desde a próxima primavera unirán semanalmente estas dúas cidades cun sorpresivo precio de 27,99€ o pasaxe, incluíndo impostos e taxas aeroportuarias. Parece imposible, pero así vai ser.

Certo que estas novas empresas de transporte de pasaxeiros por avión contan con axudas oficiais de entidades, como a Xunta de Galicia, interesadas en fomentar este tipo de voos e de transporte, e que por outra parte as comodidades do pasaxeiro non son -non poden ser- do mesmo nivel que as liñas regulares, pero a diferencia é tan ostensible que a oferta resulta tremendamente atractiva, e chega a ser irresistible.

Lonxe os tempos en que as tarifas aéreas estaban por riba de calquer outra, incluíndo os desplazamentos en vehículo propio, autobús ou ferrocarril, rómpense así todo tipo de precedentes ou prexuizos. E a competencia entre as liñas aéreas fará que estas condicións se manteñan para satisfacción de todos os posibles clientes.

Son precios imposibles, pero a actualidade, a competencia, a axuda institucional, fanos posibles. Para o beneficio dos usuarios. Que somos todos. Aproveitémolos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES