Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Residencias públicas versus residencias privadas

miércoles, 19 de enero de 2011
A Xunta de Galicia vai, por fin, a por en funcionamento tres residencias para vellos dependentes, rematadas pero desocupadas durante moito tempo. Son uns Centros de titularidade pública nos que se privatiza a súa xestión. A privatización do público de atención aos vellos nas súas diferentes formas, xa ben de vello. Ademais do modelo destas tres últimas residencias, hai convenios-concertos, houbo subvencións a usuarios mediante o cheque asistencial e incluso subvencións a empresas privadas para a construción de centros que incorporasen unha porcentaxe de prazas públicas.
A privatización da xestión das residencias de titularidade pública é inxusta ademais de problemática. Inxusta, porque unha empresa con ánimo de lucro aprovéitase, sen por un euro, dunhas instalacións que financiamos todos os cidadáns, ademais de levarse o 80 % en forma de subvencións da Xunta por cada usuario, que tamén son cartos de todos nós. Problemática, porque para sacar un beneficio, obxecto de toda firma privada, ou ben ten que cobrar máis que a pública, ou ben, se non é así, ten que disminuir as ratios de persoal por usuario, ou ben ten que pagarlles menos aos seus traballadores, ou ben ten que aforrar en comida ou no que sexa, para conseguir un beneficio económico. Todo malo para o usuario.

Por outra parte, aínda que estas empresas teñan que cumprir unhas normas, a cuestión está no control desas normas. Para iso está un servizo de inspección da Xunta, pero se a carencia de persoal suficiente para un continuo e efectivo seguimento e supervisión xa se daba en tempos de Fraga, coa crise non pode ser moito mellor. Deste xeito, a inspección actúa, en tal caso, cando hai algunha denuncia familiar, sempre difícil de comprobar cando a empresa, loxicamente, negará as acusacións co beneplácito do seu persoal temeroso de perder o posto de traballo en caso de ir contra a dirección.

Non cabe dúbida, que unha xestión pública de tais residencias é moito máis garantista en canto a atención aos usuarios e a protección dos seus dereitos, porque eles son o seu único interese, que unha xestión privada, como á que a Xunta recorre, porque o interese polos vellos estará supeditado ao beneficio económico que lles reporte. A isto, engádenselle moitas máis cousas favorables ás residencias de titularidade e xestión pública, tais como unha maior profesionalización do persoal e respeto aos seus dereitos, así como unha maior preocupación pola súa formación, algo tan fundamental de cara unha adecuada atención e coidado destas persoas.

Agora que á Xunta lle gusta tanto consultar aos país sobre a lingua na educación, poderían probar o mesmo coas residencias para dependentes e verían como os familiares prefiren as públicas na súa totalidade que as privadas en calquera das súas modalidades. Para eles a cousa está clara.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES