Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Utopía Escarlata

miércoles, 12 de enero de 2011
Unha iniciativa única, innovadora, pero igual de antigua que a Acrópole de Atenas. Xermolara na cabeza dun galego, de nome Mario Anión, de tan só 15 anos. Todo xurdira un día no que o rapaz se xuntara cuns compañeiros na cafetería do insituto. Despois dos típicos temas de conversa entre amigos, comezaron a falar de política, economía e cultura, e da relación entre as tres.

-Creo que cada Estado debería ter unha cultura diferente, cunha lingua diferente. Así, Cataluña, Galiza e Euskadi deberían estar separados de España, ao igual que moitos países do mundo. -Era un dos puntos de vista.

-Pero cada país con cultura diferente tería máis problemas para sosterse económicamente, polo menos co sistema capitalista ou comunista... vamos, eu non coñezo outros que os que estudamos en Sociais! -Dicían algúns.

Esta conversa, prolongada ata que o timbre soou como o monótono fio que unía as vidas de estudantes e docentes, serviulle a Mario de inspiración, instigándoo a reflexionar, por primeira vez, en como sería o mundo ideal. De contado púxose a pensar, a investigar, a comprobar en internet, wikipedias, enciclopedias e traballos de outros alumnos na biblioteca... Sempre compaxinou a súa búsqueda cos estudos, claro. E así de cuarto pasou a bacharelato, de bacharelato á selectividade, á universidade, cursou ciencias políticas, fixo másteres...

Todo este compendio de formación -e información- ía directamente ao proxecto vital que pasou a ser aquela idea xurdida na cabeza de Mario. Pasaron os anos, e aquel rapaz tiña o seu cuarto convertido en biblioteca e seus pais comezaron a preocuparse. Máis tarde tivo casa propia, e daquela decidiu comezar a escribir todo o que sabía como unha tese doutoral.

Unha vez doutorado e coa vida resolta, esqueceu rápidamente aquela investigación.

Moitos anos -lustros, décadas, centos, mil anos...- despois de que Mario Anión chegara ao final da súa vida contento pola súa labor, nos que o mundo avanzou polo camiño que levaba cara o desastre, persoas anónimas rescataron a súa investigación de entre os escombros da vella cidade e decidiron poñelas en práctica. Nin fillos nin netos desas persoas disfrutaron sequera daquela promesa dunha sociedade utópica, pero ao final, a loita de tantas xeracións veu fruto. Por fin, un mundo civilizado, tecnificado e respectuoso coa natureza a partes iguais, sen relixións que entorpeceran a liberdade, saíu á luz entre as cinzas de Europa e Asia, extendéndose polo mundo enteiro. A cultura de cada pobo respectábase, tolerábase e a un tempo rescatábanse as vellas linguas mortas, como o fora a lingua galega naquel incerto futuro.

E xusto como Mario Anión unha vez imaxinara, xa non existían países que tenderan á rivalidade pouco sá, senón cidades democráticas ao cento por cento, con culturas e características comúns e cun comercio aberto e xusto entre todos os lugares do mundo. O diñeiro, a banca... todo iso se esquecera. Os recursos e a enerxía eran repartidos por igual a cada persoa, cidade ou institución. A arte e o deporte eran promovidos e coidados como na antigüidade clásica, chegando a enxendrar autores, pintores e deportistas virtuosos, Mozart modernos e novos Messi.

Pero aquel mundo perfecto foi moi efémero...

Despois de mil anos máis reinou o descontento. Todo comezou a fallar, pois certas cidades esqueceron a súa orixe no goberno do pobo e volvéronse bastións imperiais ansiosos por conseguir máis recursos que os veciños. As pequenas guerras, financiadas por certos homes que conseguiron chegar ao poder, destruíron parte da tecnoloxía. O medio ambiente, despois dunha lenta recuperación, volveu a ser destruído paulatinamente.

Mais aínda quedaron boas persoas, sempre anónimas, co mesmo afán que Mario, que retomaron a utopía, camiñando de novo cara a sociedade perfecta...
Naseiro, Alba
Naseiro, Alba


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES