Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bo tempo en toda España

miércoles, 02 de junio de 2004
Parece que non soplan bos ventos para Galicia con este goberno de progreso do Psoe. Eso, a pesar de que a nosa comunidade é un dos obxectivos máis importantes que o partido no goberno ten apuntados.

Do “Plan Galicia”, nin se sabe. E se se sabe é para mal, porque o que hoxe parece ter viabilidade, mañán do dito non hai nada. A alta velocidade, parece como se non fose connosco. O agravio do Prestige, que o Psoe estimaba na oposición necesitado dunha compensación axeitada, non parece agora tan grave nin urxente.

Galicia segue quedando lonxe. No tempo e no espacio.

Ó respecto está moi clara a situación ata nos telediarios das televisións xeneralistas que emiten desde Madrid cando nos falan dos prognósticos para as próximas horas: “Bo tempo en toda España”, titulan. Para despois engadir: “En Galicia pode haber nubes e claros, e pequenas chuvieiras na zona costeira”.

Eles teñen moi claro que Galicia é cousa aparte. Como se foran avanzados nun proceso de separación que comezou hai moito tempo.

En tempos, dicíase que “reinaba en España un fresco general procedente del noroeste”. Agora, o que parece é que España nos queda cada vez máis lonxe. E nós, para España (para o conxunto), non somos ninguén.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES