Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inacetables

jueves, 13 de enero de 2011
Pouco despois das cinco da tarde dun día de decembro, escoito en Radio Nacional de España o comezo do programa “Asuntos Propios”, que dirixe Toni Garrido.

Gústame Radio Nacional de España porque aínda que depende directamente do Goberno sabe manter o tipo e dar diversas versións arredor de calquera tema. Pero non agardaba que chegase ó deste programa que comezou ese día coa emisión dunha frase do Ministro Blanco referida ós controladores, no que ía incluída a palabra “inacetable”, coa peculiaridade de ter eliminado dela a incómoda “p” que a algúns parece estorbar.

A conclusión que sacou o conductor do programa da elipsis de Blanco foi a de que “para ser político non fai falla saber escribir, pero agora tamén sabemos que non fai falla saber ler”.

¿Será esto síntoma de que se abre a veda de Blanco?. Ou puro exemplo de liberdade en Radio Nacional de España?.

Quede para o anecdotario de Blanco este exemplo de cómo un ministro de “Obras Públicas” pode ser xulgado non polas súas obras senón polas súas palabras ou carencias nelas. E todo, por unha simple “p”. Pero vista a carencia, a crítica resultou “acetable”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES