Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conto de Nadal

miércoles, 05 de enero de 2011
Orballara todo o día, pero á noitiña, empezaba a xear. Os veciños apuraban a face-las últimas labouras antes de metérense tralo lume da lareira..............
As faíscas apousaban na roupa de Maruxa que estaba a enxugar.
A Marela amosábase inqueda na cambeleira.
Manolo ceibouna e avisou a Maruxa de que ben seguro a vaca non había pasar daquela noite.
A Marela esperaba a súa primeira cría.
O día anterior Manolo tivera que traela do prado de xunto o río, na veiga da ponte e xa contaba que parira aquela noite; de feito de camiño á casa parara con Xan de Lorio, que viña dun prado que tiña en Quitimil, e avisárao de que se cadra de noite viña onda él por mor da vaca.
Maruxa andaba atafegada coas labouras da casa, quería rematalas canto antes, e mentras Manolo miraba pola xata, ir ver a súa comadre María que vivía pé da igrexa e que esperaba un meniño.
E así fixo, rematou e botouse a andar cara á Vila Grande ver a María. Xa estaba chegando cando parou conversar un pedazo con Pepe de Carrión que estaba a estralas cortes aínda, xa que a muller non andaba moi ben das pernas e con esta friaxe resentíase máis delas, así que andaba él a facela faena.
_Neste tempo adícase a tasca-lo liño ou a esfollar no millo para non coller máis reuma da que xa ten. Fai quince días pasou o D. Tomás por aquí que ía ver a Nicolás de Seixo que seica anda cunha bronquite moi mala e dixome que non a deixara andar fóra con este tempo. Así que, así che é Maruxa.
_Dalle un saúdo da miña parte Pepe e que se millore, vou ver a María que aínda me ha colle-la noite antes de chegare!
Cando Maruxa chegou a casa de María, topou con Xosé de fuciños na porta. Ia para a súa casa. Ö pouco de saír ela da casa á Marela comezáranlle as dores do parto. Manolo foi onda Xan de Lorio que vivía preto deles e logo correu polo atallo para ir buscar á muller, e se María se atopaba ben pedirlle axuda tamén a Xosé.
Xosé estaba moi inquedo, María non se atopaba de todo ben, estaba visto que o meniño non tardaría moito en vir ó mundo, él quería axudarlle a Manolo como bo veciño que era, pero doíalle a súa muller.
Maruxa cavilou ben e axiña; berrou dende a eira por Mercedes e Manola, veciñas de María ,que lle axudarían a quentala auga, a buscar panos limpos e todo o que facía falla para que ese neno ou nena viñese ó mundo. Mentres Xosé axudaríalle a Manolo e a Xan coa Marela.
Maruxa achegouse a María. Suaba. Tiña dor pero non se queixaba.
Mentras, os homes encargábanse da Marela pero todo ocorreu sen complicacións e moito antes do agardado nacía un cuxo teixiño coma súa nai e de ollos moi vivos que non agardou a que acabaran de lambelo e xa andaba pola corte ollando prudente cada recuncho.
Saíron todos da corte con intención de ir á casa de Xosé na procura de novas sobre María e a criatura que ía nacer.........
Non estaba para nacer. Xosé alzou a vista cara a súa casa e viu cintilar unha estrela no máis alto do ceo. Na aldea de Begonte había un novo veciño............... Chamaríase Xesús.....
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES