Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Chegará a netos?

viernes, 28 de mayo de 2004
O Presidente Fraga ven de facer unhas sustanciosas declaracións en relación coa natalidade en Galicia, sinalando que hai determinadas accións que non pode emprender porque sería incidir nun ámbito demasiado persoal, pero que o resto está facéndoas.

Sinala que o descenso da natalidade é consecuencia do cambio social, o mesmo que o retraso na paternidade/maternidade, que ven derivado da necesidade dos xoves actuais de ter conseguidas determinadas “seguridades” antes de poñerse a procrear.

Aínda que poida que non veña a conto, esto sucede cando o goberno do estado parece decidido a autoriza-lo matrimonio de gais e lesbianas, e ampliar os supostos do aborto, tendo a igrexa anunciadas xa mobilizacións contra estas decisións.

As cousas están difíciles para os que afrontan a constitución dunha familia, polo que eso trae consigo: vivenda familiar, fillos, educación, e todo o que ven despois.

Cando eu era pequeno, cando ocorría algo grato ou satisfactorio, o comentario que provocaba era o de “A ver se esto chega a netos...”. Porque parecía a cousa demasiado boa como para que durara.

O que hai que agardar nesta problemática familiar é que o tema non empeore, e que se conserve a situación como mínimo tal como está. E que chegue a netos. Porque máis aló, non, xa que –como tamén dixo Fraga- como os fillos se casan tan tarde, o que está difícil é ser bisabó.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES