Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Nadal… Dar

jueves, 30 de diciembre de 2010
Este decembro saíu á venda unha revista que di destinar o 100 % dos seus beneficios a causas humanitarias. Falo de Dar, publicación que merquei coa intención de achegar un gran de area en distintos proxectos de axuda para salvar vidas de nenos inocentes que naceron nos lugares máis desfavorecidos socialmente. A revista nace para dar a coñecer, entre outros asuntos, a realidade da explotación infantil, onde se fala da existencia de 400 millóns de nenos explotados en todo o planeta, sen tempo para os xogos, traballando de sol a sol dende os primeiros anos de vida. A loita contra o cólera en Haití personifícase na imaxe dunha preciosa nena enferma, Dacnhy, para quen se buscan packs de material sanitario, levando un ápice de esperanza ao amosar que a curación é posible, xa que o 80% dos casos poden remediarse con rehidratación oral.

Outros proxectos para os que se busca financiación son a construción dunha escola para 65 nenos do deserto de Merzouga (Marrocos), alimentar a 205 nenos dos suburbios de Nairobi (Kenia), mellorar as condicións de vida de 35 nenos orfos e abandoados en Etiopía e abrir un taller de costura para 25 adolescentes vítimas de abusos sexuais en Perú. Hai iniciativas que buscan solventar problemas semellantes en Tanzania, Bombay, Guatemala e ata en España. Adícase unha sección a falar dunha mestra española que se propuxo mellorar a educación dos nenos de Ghana, contando a súa experiencia.

Neste primeiro número a revista tamén amosa o lado máis humano de deportistas coma Rafa Nadal e Roger Federer, que hoxe e mañá xogarán ao tenis para recaudar fondos para financiar proxectos das súas fundacións. En Dar recóllese a campaña de Unicef para a que Pau Gasól presta a súa imaxe, ‘Mi nombre es Kimbo’, pola que que asegura, segundo unha lenda africana, que se se lle presta o nome a un enfermo, ese curará. Outras caras coñecidas, como Xabi Alonso, Buenafuente, Pilar Bardem, Ferrán Adriá ou Luis Gª Berlanga, apoian as ‘Pastillas contra el dolor ajeno’, de Médicos sin Fronteras.

Estamos no Nadal e... que mellor época para axudar e compartir o que temos, aínda en tempo de crise, cos máis desfavorecidos? Como di Shakira no anuncio de Freixenet destas festas, brindemos porque este ano saia o sol e brille máis ca nunca. Para todos. Que non falte un sorriso sincero co que iluminar cada xornada. A cantante destinará á Fundación Pies Descalzos os 500.000 € que lle dá a marca de cava para construír colexios en Haití e Colombia.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES