Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luz do mundo: unha ollada posta no futuro

jueves, 30 de diciembre de 2010
Acaba de saír á luz, con grande éxito editorial, o libro entrevista que Peter Seewald fai a Bieito XVI. En castelán, como en toda Europa, está públicado pola editorial Herder. Nel, de forma clara e accesible a calquera lector, o Papa pasa revista aos problemas e propostas que desexa facer aos homes e mulleres de hoxe. Con isto parece pór en práctica algo do programa que desenvolveu nas súas intervencións en Santiago de Compostela o pasado 6 de novembro.

Na homilía pronunciada no Obradoiro dixo, con forza e entusiasmo, que é necesario que o nome de Deus resoe de novo en Europa, na vida de cada día, no silencio do traballo, no amor fraterno e nas dificultades que a vida trae consigo; Para que sexa, á vez, a Europa aberta á transcendencia e á fraternidade cos outros continentes. Son palabras ditas en Compostela, e desde Santiago para os homes e mulleres que buscan con paixón a verdade e a felicidade; Máis aló das anécdotas ou titulares rimbombantes, a proposta de Bieito XVI é que a visión e a vida do home dependen de que Divos sexa recoñecido e amado como tal, non só no interior de cada persoa senón tamén na sociedade e nas culturas.

Ten a coraxe de abordar os temas que preocupan na sociedade e a Igrexa de hoxe sen reparo algún. No transfondo das súas respostas está presente, en todo momento, a preocupación por facer comprensible a proposta cristiá ao mundo de hoxe. Aparece moi claro que o futuro da sociedade só pode consistir na coexistencia ordenada de liberdades. Por iso, na nosa actual situación, é sensato e necesario buscar os elementos básicos comúns das tradicións éticas das diversas relixións e culturas. A liberdade non ten a súa función e fundamento no pracer da maioría, senón cando se vive en conformidade coa auténtica realidade da persoa humana. Por conseguinte, liberdade e responsabilidade, liberdade e verdade non son os eternos opostos. Ao contario, existe unha verdade común dunha humanidade única presente en todas as persoas. A tradición chamou a esta verdade a “natureza” humana. Baseándonos na fe na creación, podemos formular este punto con maior claridade: existe unha idea divina, o “home”, á cal debemos responder.

Nesta idea, a liberdade e a comunidade, a orde e a preocupación polo futuro constitúen unha totalidade única. Cando se descartan enteiramente as tradicións relixiosas máis puras e profundas, o home apártase da súa verdade, vive en contra de si mesmo e perde a liberdade. Nin sequera a ética filosófica pode ser incondicionalmente autónoma. Non pode renunciar á idea de Deus nin á idea dunha verdade do ser con carácter ético. Se non existe unha verdade acerca do home, este carece de liberdade. E só a verdade fai libres.

Neste diálogo franco e sincero coa sociedade do noso tempo, á que unha parte da Igrexa parece mirar con receo, o Papa afronta, sen medos nin prexuízos, o tema do dialogo ecuménico e o diálogo interreligioso. O problema interno da corresponsabilidade e participación de todos os membros da Igrexa nos proxectos e estruturas da mesma, que precisan ser revisados con criterios máis evangélicos, a cuestión da moral sexual no marco da antropoloxía humana, o tema da función e responsabilidades da muller dentro da Igrexa, etc.

Pola súa formación teolóxica, a súa capacidade de escoita e a súa sabedoría do corazón, Bieito XVI ten capacidade para afrontar estes problemas. É probable que a súa idade, e capacidade de goberno, que realmente ten, non lle permitan afrontar a fondo estas cuestións, realmente importantes para a Igrexa e a mesma sociedade.
Pérez López, Segundo
Pérez López, Segundo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES