Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O desgoberno de Vigo

miércoles, 26 de mayo de 2004
Vigo, ¿é ingobernable ou hai desgoberno?. Desde fora, desde lonxe, parece que o concello está tocado por un malfado, que o imposibilita da tranquilidade dun goberno pacífico dos importantes asuntos que ós vigueses afectan.

Cando dunhas eleccións sae unha maioría absoluta –esas que os que non gañan as eleccións opinan que non son boas- o asunto está claro: A forza dominante gobernará sen maiores problemas, tendo enfrente as voces minoritarias dos seus opositores.

Pero en Vigo non houbo maioría absoluta, nin sequera maioría, e entre PP, BNG e PSOE deben entenderse para poder gobernar.

Como BNG-PSOE non se entenderon, o PP pasou a gobernar o concello en minoría, pero sen capacidade de maniobra á hora de, por exemplo, aproba-los presupostos xerais do exercicio.

Tentando rectificar erros pasados o BNG parece disposto a apoiar ó PSOE sempre que prescinda de Pérez Mariño. Pero neso xa estabamos. Ahí estivo o problema.

A cidade de Vigo -como tódolos pobos e cidades- seguro que é gobernable. Só fai falla que algúen que poida queira gobernala.

Vai un ano de goberno problemático. Quedan tres ata as próximas eleccións. ¿Merece a cidade este suplicio por parte dos que están chamados a ser os seus primeiros servidores?

Lembro que un vello profesor meu afirmaba que “O sentido común é o menos común dos sentidos”. Neste caso, falta “sentidiño”.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES