Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Titulación universitaria

miércoles, 22 de diciembre de 2010
Os altos cargos da Xunta non van necesitar ter titulación universitaria para acceder ós seus cargos, senón que serán nomeados en razón á competencia profesional, experiencia, e calquera outro aspecto que mereza ser destacado, máis difícil de medir que unha titulación universitaria que ven acreditada por anos de estudio e superación de numerosas probas.
Trátase dunha transacción entre o PP e o Bng, que non se entende ben con que fin se fai, se se pretende que sexa en beneficio da administración galega.
Para pertencer ós corpos superiores da Administración pública galega esíxese que o aspirante posúa unha titulación universitaria, e destes corpos saen as xefaturas dos diversos niveis da administración. E sen embargo, os máis altos cargos, non terán por que ser universitarios.
O PSOE non participou neste acordo, por entender que así se introduce unha maior discrecionalidade nos nomeamentos de altos cargos.
Pero o certo é que é unha rebaixa máis, exención de requisitos, para achaiar camiños que leven ós altos cargos a persoas que ata agora non podían acceder a eles.
Non é que un título sexa por si unha garantía absoluta da formación ou idoneidade dunha persoa para detentar un determinado cargo. Pero o que si está claro é que a súa carencia por principio non é garantía ningunha.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES