Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eran grelos

martes, 21 de diciembre de 2010
Todos os galegos anceiamos que os nosos produtos sexan estimados, valorados, e os que os producen gocen dun axeitado status social e económico que lles permita ser exemplo de traballo e triunfo para todos os demais.
O futuro do noso medio rural está precisamente en que as nosas xentes se especialicen, produzan de xeito diferente, valoren o que producen, e o comercialicen de xeito que resulte rendible para todos os que formen parte do proceso produtivo.
Temos un exemplo perfecto da comercialización dun produto galego na firma “A Rosaleira” que comercializa grelos galegos coa páxina de internet www.yosoydegrelos.com, centrando a súa publicidade na figura de Popeye que afirma “recoñézoo, non eran espinacas, eran grelos!”.
Damos por feito que o produto vai ser de primeira calidade, e que fará un bo papel no mercado no que existe demanda e no que o nome de Galicia acredita idoneidade e prestixio. Unha axeitada campaña de publicidade, con inxenio e medios, é o complemento perfecto
Non é que agardemos dos nosos grelos as virtudes que Popeye atribuía ás espinacas, pero sabémolos máis saborosos e xenuinos produtos deste país. A firma produtora evidénciase áxil e cun excelente futuro. Os grelos galegos non podían estar mellor representados no mercado e nos comercios. Será bo para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES