Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lorenzo anima en Brasil á promoción do galego

domingo, 21 de noviembre de 2010
Altamente conmovedor!, non si? Se me tocase en sortes o premio gordo da lotaría, con toda unha serie no meu poder, non podería recibir neste Nadal mellor nova do que esta que se publica hoxe en varios xornais dixitais: Velaquí dúas mostras:

“O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, animou os responsables dos centros de estudos galegos de Brasil “a continuar coa proxección exterior da lingua e da literatura galegas”, (Vid.: Cultural galega..- EDUCACIÓN.- (XOV.16.12.2010 < LV.- Galicia.- p. 7. Do grupo El Progreso de Lugo).

Mas non vos para aí a cousa. Postos a ser creativos, atentos á novidade:

“INICIATIVA.- “Ademais, Política Lingüística pon en marcha un novo servizo para que, previo pago, os nenos reciban unha carta de resposta dos Reis Magos, personalizada e en galego. A través da web www.cartadosreismagos.com, os pais e nais poden solicitar o envío, previo pago, dunha carta para os seus fillos, asinada polos Reis Magos. Por primeira vez, ademais, ofrécese en galego e na rede. (Vid. REDACCIÓN.- GaliciaHoxe.com.- xoves,16-10-2010 .- Maré | RSS. Do grupo El Correo Gallego.)”.

Altamente conmovedor!, non si? Este señor ten méritos sobrados para conmovernos. El e coartífice dese marabilloso Decreto da eliminación e persecución do galego na escola en toda Galiza, porque aquí o galego desestrutura os meniños.
E no Brasil? Non compares! Que lles vas pedir aos do Brasil? E se se contaminan, alá eles! Para iso son do hemisferio sur. Os microbios, levalos lonxe.
Antes disto, O Señor Lorenzo xa visitou e falou cos bispos da Galiza para que, coma os mariñeiros de Viveiro, “todos metidos nun bote”, convenceran ao Papa para que dixera dúas palabriñas neste non eufónico enxebre. Os bispos non discorreran tal. Porén, eles, todos submisos, coma nas novenas, cumpriron o prometido. “Fai xestos. Os pequenos xestos son importantes”.
Este señor si que ten ideas: Sodes uns murmuradores! Moléstavos porque se move, fai cousas, gasta ben os cartos de todos, viaxa, merece a nómina. Ata pon os Reis Magos ao servizo dos nenos galegos por medio dos pais e nais para que reciban postais.
Que máis queredes, malditos murmuradores! Que non merecedes nada! Isto si que é empregar ben os cartos en tempos de crise. Isto si que promove o bilingüismo harmónico. Para que queren os nenos da Galiza esforzárense en estudalo nas escolas se xa reciben en cómodas e triviais postais de resposta: E, ademais, como teñen que pagalas previamente, que saiban o que vale un ‘peine’! Le Nouveau Galicien Sans Peine. (El nuevo gallego sin esfuerzo.- Métodos Lorenzo. Secretaría General de La Política de la Lingüítca). Así non se desbalde. Isto é administrar.
E, ítem máis, non sexades uns perversos pervertidos. Que sigan crendo nos Reis Magos, que así, xa por maxia, danche o galego por verniz. Total, para o que vale! Xa o dixo o Sr Secretario Xeral de Política Lingüística, D. Anxo Lorenzo, home honrado onde os haxa. Con el coincide o Sr. Aznar. Por iso o escolleu o Sr Feijoo para promover e enxalzar en Galiza o galego. E ben se notou o que avanzou. Íades tan lanzados que menos mal que se vos puxo control. Dentro de pouco esfachabádesvos todos con tanta velocidade. Acougade un pouco!
Murmuradores de patacón! Nunca estades conformes. Xa Franco o dixo durante corenta anos: Non dades aprendido nunca!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania